|
Primeiras consecuencias en Muxía logo do cesamento da voceira do BNG |
Correo-e
|
|
lunes, 18 de mayo do 2009 |
|


Xa avisara o BNG de que presentaría unha moción referente á recuperación das competencias do pleno en detrimento do alcalde, e así sucedeu no pleno do pasado venres. Ánxeles Mancebo, voceira do BNG muxián, destituida hai dúas semanas do seu cargo como concelleira, logo de que BNG e PSOE romperan o pacto de goberno por un detalle como a elección do xuiz de paz, presentou unha moción argumentando que a presentaba ante o que, segundo ela, foi unha "rotura unilateral" do pacto por parte do alcalde. O PP apoiou a moión, e o mesmo realizou o grupo de goberno, soprendentemente, para garantir a trasnparencia dentro do concello. Houbo moita espectación no pleno, e os veciños quedaron sorprendidos cando a voceira do BNG lía un poema de Celso Emilio Ferreiro, aproveitando a proximidade do Día das Letras Galegas. Un poema, iso si, cun sentido directo e acusador a unha suposta vida política muxiá chea de "merda". Novas relacionadas Fonte
|