Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
As Confrarías da Comarca de Muros-Carnota presentan o proxecto Fishernet en Europa  Correo-e
martes, 19 de mayo do 2009

Cada cosa que pasa polas mans das confrarís do sur da Costa, hai que tomalas moi en serio. Xa coñecemos Mardelira e en verán comezarán as actividades no Pindo, pero hoxe imos tata Roma. Aló están hoxe os representantes das confrarías de Muros, O Pindo, e Lira, que será esta última a que lidere o proxecto con Emilio Louro, MIlucho, como non, á cabeza.

O equipo da Costa presenta o Proxecto Fishernet no marco das Xornadas do Día Europeo Marítimo organizadas pola Comisión Europea, que se desenvolven hoxe, 19, e mañá mércores 20 de maio de 2009, en Roma. Acompañando á delegación costeira estarán representando á Galicia a COGAMI, e as Consellerías do Mar e a Consellería de Cultura, ademáis doutros socios de cinco países europeos: Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria.

As xornadas organizadas pola Comisión Europea contarán coa participación das máximas autoridades europeas entre as que hai que destacar o Presidente, Jose Manuel Durao Barroso, O Presidente do Parlamento Europeo, Hans Pöttering, Comisario de Pesca, Joe Borg, e o presidente do goberno italiano Silvio Berlusconi. Ademáis está confirmada a presencia dos Ministros de Transportes dos países membros da Unión Europea.

FishernetImage

Fishernet é un proxecto que foi aprobado pola Unión Europea dentro do Programa Cultura no mes de Agosto do 2008 cunha duración de 3 anos.

O principal obxetivo de Fishernet é crear unha rede europea que permita conservar divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural das comunidades pesqueiras ademáis de promover o desenvolvemento a partir do patrimonio en zonas pesqueiras en recesión.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com