|
Cabana volve á epoca castrexa |
Correo-e
|
|
martes, 19 de mayo do 2009 |
|

Hoxe, martes 19 de maio de 2009, a Biblioteca Municipal María Baña, acolle ás 18:00 unha actividade de "animación ambiental no mundo castrexo". Será un Teatro de Actor, no qe os rapaces terán a oportunidade de coñecer a Briterio, un peculiar guerreiro castrexo. A través dunha divertida dramatización, Briterio explicará como é o seu castro, a vida compartida cos romanos unha vez que estes se instalan no país, e outra morea de cousas que nos permitirán aprender un pouco máis sobre a nosa historia dun xeito directo, dinámico, participativo e creativo. Despois da representación, Briterio realizará o percorrido no Tren Turístico, que unirá os castros de San Fins (Cesullas) e Sinde (Canduas). Na imaxe vemos o de Borneiro. A actividade encádrase dentro do programa da Quincena Titirimáxica. Novas relacionadas Máis información Fonte - Nota deprensa do Concello de Cabana.
|