Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Concello de Zas entregou os premios dos Certame de marcapáxinas galegos  Correo-e
miércoles, 20 de mayo do 2009

Image

Co motivo da conmemoración das Letras Galegas, houbo unha morea de certames na bisbarra. Ollamos xa como foros os corcursos en Cee, e hoxe imos ata a Biblioteca Municipal de Zas, que convocaba o I Concurso de Marcapáxinas Concello de Zas, e celebrábase onte o especial acto de entrega de premios.

Os agasallos foron entregados polos concelleiros José Mª Calo e Óscar Lema, nun acto que tivo lugar ás 6 da tarde do día 17 de Maio no Centro Socio-cultural de Zas. Os gañadores foron os seguintes:

  • Cat. Benxamín:
    - David Nicolás Chiru (2 anos, Galescola de Zas).
    - Daniel Antelo (Ed. Infantil 4, C.P.I. de Zas).
  • Cat. Infantil:
    - Sabela Ulloa (4º Primaria, C.E.I.P. Labarta Pose de Baio).
    - Noemí Allo (5º Primaria, C.P.I. de Zas).
  • Cat. Xuvenil:
    - Laura Tascón (6º Primaria, C.P.I. de Zas).
    - Ainoa Antelo (6º Primaria, C.P.I. de Zas).
  • Cat. Adultos:
    - Raquel Bermúdez (Profesora Galescola).
  •      - Sandra Rodríguez (Profesora Galescola).

Os traballos presentados quedarán expostos no dito Centro ata o día 24 de Maio, e os gañadores serán editados polo Concello de Zas, e acompañarán aos préstamos da Biblioteca Municipal ata o día das Letras do 2010.

Image 

Foliada

A continuación celebrouse unha Foliada Tradicional, coa participación dos membros do grupo Churía da A.C. Castro-Meda, que animaron a pequenos e maiores a compartir os instrumentos e bailes tradicionais, e aproveitaron para solicitar a axuda dos máis maiores para recoller bailes e cantigas tradicionais da zona, e poder transmitirllas así aos máis novos.

E para rematar a tarde, os asistentes, (moi numerosos), compartiron unha merenda saudable, como anticipo do inicio das actividades enmarcadas dentro do Programa Concellos Saudables, que novamente comparten os Concellos de Zas e Cabana.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Zas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com