|
Este domingo 24 de maio de 2009 o concello de Muxçia ten unha cita triple no Edificio de Servizos Múltiples. Presentación dun libro de cociña Teresa Lord presentará o seu libro "Recetas de cocina tradicional galega, aptas para diabéticos". O acto será o domingo ás 12:00, cando a educadora en diabetes, acompañada do alcalde Félix Porto, presente o seu libro no Salón do Voluntariado. Terese Lord é, ademais de educadora en diabetes, fundadora e presidenta da Asociación Compostelana de Diabéticos. Acto conmemorativo do Bicentenario Tamén o domingo 24 de maio terá lugar este acto conmemorativo, organizado pola asociación NERIA coa colaboración do Concello de Muxía. O acto consistirá nunha charla sobre a Guerra da Independencia (“Os franceses na Costa da Morte”), a cargo do historiador Manuel Vilar, colaborador desta casa na iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte. A charla será ás 19:00 da tarde, no Salón do Voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía. Coral Xan Mella A Coral polifónica Xan Mella de BAIO-ZAS (A Coruña) ofrecerá unha actuación en Muxía o vindeiro domingo 24 de maio ás 20:00 horas no Salón do voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples. O acto, organizado pola Asociación Neria e o Concello de Muxía, está enmarcado dentro das Xornadas sobre o Bicentenario da invasión francesa. A coral que dirixe Tatiana Pankrátova presentará un programa de cancións galegas e habaneras. Estes son as vindeiras actuacións d Coral baiesa. Elección histórica Novas relacionadas Fonte
|