Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Ata sempre María Amelia  Correo-e
jueves, 21 de mayo do 2009

Image

A Costa chora hoxe a morte de Maria Amelia. A blogueira máis lonxeva do mundo pasou o pasado 20 de maio de 2009 a mellor vida. Unha embolia fugaz levou á nosa abuela favorita, que deixará unha gran mella na sociedade actual. Esta mesma tarde, as cinzas de María Amelia esparcíronse na punta da Barca, o lugar máis fermoso do mundo, como ela ben dicía.

María Amelia supón o meirande exemplo de como as novas tecnoloxías poden facer a vida máis alegre á terceira idade. Gracias ao seu neto, descubriu o profundo mundo submariño da rede e a través dun blog a modo de regalo. "Que cutre é o meu neto, que me regala unha libreta!" pensara de principio, sen saber o que aquel pequeno presente lle ía cambiar a vida.

Preto de 1,5 millóns de visitas, gañadora do premio Bobs ao "Mejor Blog de habla hispana" no 2007, entrevistas con diarios de todo o mundo, e unha morea de amigos que deixa en todo o planeta. Para nós, foi tan imporntante que foi a que inaugurou a sección da Bitácora da semana, bueno, a que provocou a súa existencia.

A enerxía desta "socialista de toda a vida" decaera un pouco nos últimos tempos. Levaba dous meses sen aparecer pola rede, e os seus lectoras xa a botaban de menos. Máis de 300 comentarios preguntaban con ela na súa última entrada do blog. Pero María Amelia non volverá contestar.

Queremos enviar o noso meirande apoio a toda a familia de María Amelia e máis concretamente, ao seu neto, heroe dende o anonimato. De Maria Amelia gardaremos as mellores lembranzas posibles. Foi ela unha das primeiras entrevistas que realizou o reporteiro deste diario, e unha das que gardará, sen lugar a dúbidas, con máis cariño. Aquí embaixo podedes ver esta imaxe, realizada polo equipo de QPC, e que anda por todo o mundo realzando a súa figura.

Ata sempre María Amelia.

Image 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía do Blog amis95.blosgpot.com.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com