|
Mazaricos celebra a súa homenaxe ás Letras Galegas |
Correo-e
|
|
viernes, 22 de mayo do 2009 |
|

Este domingo 24 de maio será o día no que o concello de Mazarciso mostre a súa homenaxe á lingua galega. A cita estaba programada para o pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, pero o terrible suceso que acaba coa vida dun mozo da zona tras un accidente de tráfico, provocou a suspensión dos festexos. Celebraranse así este domingo 24 de maio, ás 17:00 na Casa da Cultura da Picota. e as actividades serán as seguintes: - Pregó do escritor mazaricán Silvestre Gómez Jurjo (que participa na Elección Histórica da Costa da Morte)
- Representación da obra "Tres capitáns de tempos idos", de Avilés de Taramancos, a cargo do Grupo de Teatro Afeccionado de Mazaricos.
- Actuacións do Coro Interparroquial de Mazaricos, dirixido por José Manuel Pensado Figueiras, e dos Grupos de Pandeiretas da Parroquia de Arcos e da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos.
- Recitación de poesía e proxección audiovisuais.
- Intervencións da Asociación Cultural Perfecto Sande e de José Manuel Santos Maneiro, alcalde de Mazaricos.
Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Mazarciso, da man de Suso Jurjo.
|