|
As Escolas Viaxeiras de Cabana levan aos alumnos das Revoltas a Cataluña |
Correo-e
|
|
viernes, 22 de mayo do 2009 |
|

Os nenos e nenas de 6º de primaria do C.P.I. As Revoltas presentáronlle ó concello a proxección en Power Point que van levar a Cataluña na súa viaxe do 26 de maio dentro do programa Escolas Viaxeiras convocado pola Consellería de Educación. O titor do colexio As Revoltas, Xurxo Alfeirán, será o responsable do grupo participante. Pola súa banda, o concello fíxolle entrega das camisetas e diferentes publicacións do concello e da Costa da Morte que levarán para os alumnos doutras comunicades autónomas que participan no mesmo programa. As escolas viaxeiras cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar. Os cabaneses, na súa viaxe a Cataluña, visitarán a industria de transformación agrícola; O val de Nuria; A montaña de Monserrat, e xa dentro da cidade condal pasarán polo Palau da Generalitat, a Sagrada Familia, o Parque Güell, a Rambla, o Liceo, o zoolóxico, os museos e o porto. Nova relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé María Varela.
|