Fin de semana completa no Maio Solidario O venres contarán coa presencia de Anxo Moure, lexendario atrapacontos que presentará a ONG Bicis pola Paz, ás 17:00 no Cárecere Vello de Corcubión. Ao remate, dirixirá a BICICLETADA SOLIDARIA polas rúas de Corcubión e Cee, á que están invitadas todas as familias da bisbarra. Á partir das 20:00, dous arqueólogos do Laboratorio do Patrimonio do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, inauguran unha exposicición que ficará no cárcere vello de Corcubión ata o 31 de xuño. Unha exposición de primeira calidade da que poderá disfrutar a Costa da Morte, e para inaugurala Xurxo Ayán e Sonia García exporán a conferencia "Xentes de aquí e de alá: castrexos, abisinios e galaicos", que pretende relacionar a vida castrexa coa da tribu dos Gumuz, de Etiopía Occidental. Para o sábado toca festa. Haberá degustación de comida africana e concerto do grupo de percusión da ONG Eqqus Zebra, Galuteranga. Tripel cita en Muxía Teresa Lord presentará o seu libro "Recetas de cocina tradicional galega, aptas para diabéticos". O acto será o domingo ás 12:00, cando a educadora en diabetes, acompañada do alcalde Félix Porto, presente o seu libro no Salón do Voluntariado. Acto conmemorativo do Bicentenario Tamén o domingo 24 de maio terá lugar este acto conmemorativo, organizado pola asociación NERIA coa colaboración do Concello de Muxía. O acto consistirá nunha charla sobre a Guerra da Independencia (“Os franceses na Costa da Morte”), a cargo do historiador Manuel Vilar. A charla será ás 19:00 da tarde, no Salón do Voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía. Actuación da Coral Xan Mella E para pechar a xornada, a Coral polifónica Xan Mella de Baio ofrecerá unha actuación en Muxía o vindeiro domingo 24 de maio ás 20:00 horas no Salón do voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples. Festa do Día das Letras Galegas en Mazaricos Este domingo 24 de maio será o día no que o concello de Mazarciso mostre a súa homenaxe á lingua galega. Celebraranse este domingo 24 de maio, ás 17:00 na Casa da Cultura da Picota. A cita comeza ás 17:00 coa lectura do pregón a cargo de Silvestre Gómez Jurjo, e haberá teatro, poesía, proxeccións audiovisuais, e ata música da man do Coro Interparroquial de Mazaricos, dirixido por José Manuel Pensado Figueiras, e dos Grupos de Pandeiretas da Parroquia de Arcos e da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos. Festa Campestre na Honra de San Pedro Mártir Pereiriña e Lobelos están de feste este domingo 24 de maio de 2009. A festa Campestre na honra de San Pedro Mártir comezará con misa e rematará coa música e o baile da Nova Palma. Cine de Corme Hoxe venres 22 de maio, dentro do ciclo dedidado ao cine arxentino, toca "Tango feroz", tamén de Marceo Piñeyro, con Fernán Miras e Cecilia Dopazo. II Feira do Pan en Ponteceso Dentro da tradicional "Feira da Trabe", a Asociación de Empresarios de Ponteceso organiza a II FEIRA DO PAN para o sábado. Haberá degustación gratuita dos productos marabillosos que elaboran, pan,boroa, roscas, empanadas, bizcoitos, tortas... e asimesmo tamén poderemos mercalos. Todo iso amenizado polo Grupo de gaitas da "Asociación A Coteleira" de Cores-Nemeño, e coa "Pulpeira do Carballiño", para acompañar ese magnífico pan. Monólogo en Ponteceso O Arena Bar abre as súas portas aos monólogos, que falltan fan pola Costa. Será Javier Nacher, que participa no programa Nuevos Cómicos, do canal Paramount Comedy, o artista invitado. Ruta den de Vimianzo ata Verdes O domingo 31 de maio, o valientes que se apunten á xornada de sendeirismo que organiza o concello de Vimianzo percorrerán o río Anllóns entre as localidades de Ponteceso e o refuxio de Verdes (Coristanco). Esta é unha ruta de 15 quilómetros por un sendeiro de pescadores no que haberá que ir en fila de un na súa maior parte. Poderase disfrutar dun entorno fluvial ó longo de todo o percorrido, rematando nun lugar incomparable coma é o refuxio de Verdes. Títeres en Cabana Se o venres Cabana organiza unhas Visitas guiadas para o alumnado dos centros escolares que o desexen, o domingo hai sesión de Maxia O local social de Corcoesto recibe ás 17:30 a Feira Máxina Lafayette, de Cayetano Lledó, un espectáculo de Maxia, Comedia e Humor indicado para público familiar. Títeres en Dumbría O sábado 23 maio, ás 17.15 h. na Casa Cultural de Buxantes, o grupo Tres Globos presentará o seu particular "Pedro e o Lobo". - Dumbría titirimáxica.
Presentación dun libro sobre Dumbría O concello de Dumbría acollerá o sábado, 23 de maio, ás 12 horas, o acto de presentación do libro "O Concello de Dumbria: Historia, tradicións e costumes", de Modesto García Quintáns, editado pola Deputación da Coruña. O acto contará coa presenza do autor do libro, así como de Emilio Grandío Seoane, profesor de Historia da Universidade de Santiago, do alcalde de Dumbría, e deputado provincial, José Manuel Pequeno Castro, e do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Preparación para Raid en Carnota Este sábado, día 23 de maio, o cocnello de Carnota organiza un curso teórico-práctico de orientación no Salón de Actos do Concello, que servirá de preparación do Raid de Carnota, puntuable para a Copa Galega.  Campeonato de pesca afeccionada no Rostro Hoxe venres 22 de maio, os afeccionados á pesca terán unha boa excusa para xuntarse tralas cañas e pasar unha noite especial. Ou mellor dito dúas, xa que a idea é a seguinte: A noite do venres será a deportiva. Os apuntados, que a día de hoxe xa son 20, colocaranse na praia do Rostro ás 21:00 da noite e aló estarán ata case que o mencer cun bocadillo e caña en man.
X Regata Seo de CorcubiónO Clube Marítimo Carrumeiro e Cataventos Escola de Vela organizan para este sábado 23 de maio a Regata Seo de Corcubión. Será unha proba correspondente á Liga Costa da Morte, e puntuarán para as clases Optimist e Omega. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|