|

"Iniciación a Técnicas de Masaxe II", así levou por título o segundo taller do curso de masaxes do Banco de Tempo de Zas que se celebrou o pasado venres 15 de maio. Desta tanda a temática versou sobre o uso de arcillas, plantas medicinais e aromaterapia. Empezaron retomando a temática do día anterior e falando dalgúns puntos do corpo bastante importantes que quedaran sen mirar, seguidamente Isabel Lagoa, comezou a explicar as propiedades dalgunhas plantas que a maioría de nos temos na casa e non sabemos para que poden valer e o ben que nos poden facer ante determinadas situacións e finalmente explicou o uso das arcillas para xa despois deixar paso a parte práctica (ca que máis disfrutan os asistentes) e permitir que os voluntarios se fosen poñendo na camilla. Tamén explicou o uso das arcillas, como vemos na imaxe. O nivel de asistencia e participación foi o mesmo ca semana pasada, todos quixeron repetir despois da boa experiencia do día anterior. Así que, como na outra sesión, un por un, despois de oír as explicacións teóricas de Isabel, foron pasando pola camilla e poñendo en práctica os novos coñecementos. Cabe dicir, que nesta ocasión non dou tempo a explicar todo o que se tiña programado, xa que faltou por dar a parte de aromaterapia, e de feito os asistentes xa se están comezando a plantexar se alargar o curso uns días máis. Este venres Isabel explicará de que trata a terapia sacrocraneal. Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
Máis novas sobre os Bancos de Tempo da bisbarra Fonte - Nota de prensa de Sonia Ramos Lema, axente de Tempo de Zas.
|