|

Esta mañá de sábado 23 de maio de 2009, a Deputación presentaba un libro editado que recolle a historia, as tradicións e os costumes de Dumbría. Ao acto asistiron o autor, Modesto García Quintáns, que vemos na imaxe de arriba, Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación, José Manuel Pequeño CasDumbría tro, alcalde de Dumbría, e Emilio Grandío (á erqueda de todo), unha eminencia dentro da Univesidade de Santiago de Compostela. "O Concello de Dumbría. Historia, tradición e costumes" é o título do libro. Os asistentes debullaron as reviravoltas dunha completa obra de 214 páxinas nas que recollen as principais características de Dumbría: a súa toponimia (o autor rexistrou máis de dous mil lugares), enclaves paisaxísticos e históricos, xeografía física e humana, historia, sectores produtivos e, entre outros aspectos, os seus costumes e tradicións. En definitiva, García Quintáns revélase como un bo coñecedor do territorio, e o libro é o colofón a case dúas décadas de traballo de campo e investigación. Un traballo que mereceu a pena a xulgar polos argumentos expostos durante a presentación do libro, de boa factura editorial e recentemente saído dos talleres da Imprenta Provincial da Deputación da Coruña. Para o seu presidente, Fernández Moreda, e segundo recoñece no prólogo do libro "é a publicación máis completa que ata o momento se realizou sobre Dumbría; o estudo máis exhaustivo e rigoroso dun concello da Costa da Morte, un dos espazos máis atractivos da provincia da Coruña". Fernández Moreda recoñece que é "o froito do amor e a paixón que Modesto García Quintáns sente por esta terra", e "é o mellor tributo que desde a Deputación da Coruña podemos ofrecer aos habitantes deste concello". Tamén para o alcalde, José Manuel Pequeno Castro o libro contribuirá a un mellor coñecemento da historia, o patrimonio, e o acervo cultural do concello, e recoñeceu o inxente labor de investigación de Modesto García Quintáns, para quen a publicación é o mellor tributo á súa terra. En termos lobadores referiuse tamén o historiador Emilio Grandío ao traballo de García Quintáns. Novas relacionadas Fonte
|