|
Novo accidente de tráfico mortal en Dumbría |
Correo-e
|
|
lunes, 25 de mayo do 2009 |
|
Semana tras semana continuamos coa sangría de accidentes de tráfico que asolagan á Costa da Morte como un dos males endémicos máis catastróficos. Os accidentes na estrada seguen a ser unha das principais causas de mortandade na bisbarra, e así o corrobora o novo suceso ocorrido en Dumbría, igual que a semana pasada en Mazaricos. O accidente tivo luar arredor da 13:30 de hoxe luns 25 de maio, no que faleceu unha persoa de nacionalidade portuguesa e outra permanece en estado crítico. O vehículo no que viaxaban ambos, transportando mobles de cociña, chocou contra un muro tras saírse da estrada no lugar de Santa Uxía, en Dumbría, na estrada que sobe cara o Encoro de Santa Uxía. Os dous ocupantes do vehículo quedaron atrapados tras o accidente, que lle causou a morte a un deles e deixou ao outro en estado crítico. Os bombeiros de Cee excarceraron a ambos, en espera de que o xuíz procedese a autorizar o levantamento do cadáver. Ao lugar do accidente acudiron ademais efectivos de Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Dumbría e Garda Civil de Tráfico. Así informaron fontes da axenciaa Efe fontes de Urxencias 112. Novas relacionadas Fonte
|