Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Conselleira do Mar promete en Corme loitar contra o furtivismo  Correo-e
martes, 26 de mayo do 2009

Image

A visita a Corme da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi moi iinteresante para o sector na Costa da Morte. Quintana prometeu compromiso para loitar contra o furtivismo, un dos males endémicos da Costa e máis concretamente, da vila de Corme. Quintana afirmou que a Xunta fará o necesario para que o furtivismo sexa declarado "delito ecolóxico", primeiro paso da loita.

Ademais, o Patrón maior da Confraría de Corme, Manuel Cousillas, anunciou que continúa. Aproveitando a visita da Conselleira do Mar, Cousillas asegurou que seguirá ao mando do pósito cormelá, logo de ameazar coa dimisión tralos últimos ataques sufridos polos olegais.

Delito ecolóxico

A medida máis importante que prometeu a conselleira foi a declaración como delito ecolóxico da acción dos futritvos. A día de hoxe, un furtivo, paga unha multa, no peor dos casos, pero non sofre ningunha outra medida. A responsable de Mar adiantou, ademais, que "pronto" se iniciarán os "trámites" necesarios para tratar de que as accións dos furtivos "sexan tipificadas como delito ecolóxico", aínda que admitiu que esta será unha medida "a longo prazo".

Seguro contra ataques

A Conselleira anuncionu onte en Corme que estudiará a posta en marcha dun seguro que cubra os "desperfectos e danos ocasionados en bens dos patróns e presidentes de agrupacións" de percebeiros "por tratar de perseguir as prácticas dos furtivos". Cousillas pediu á conselleira que active mecanismos para compensar aos profesionais polos "danos que sofren a mans dos furtivos".

Ademais, Quintana comprometeuse, a "intensificar o control e a vixiancia" nos bancos e na cadea de comercialización. Para iso, dixo, o Goberno galego pedirá a colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com