Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Castelo de Vimianzo pasou a fin de semana polas Rías Baixas  Correo-e
martes, 26 de mayo do 2009
Image

Foron os socios da Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo, e non o Castelo mesmo, por suposto, os que visitaron as Rías Baixas esta pasada fin de semana do 23 e 24 de maio.

A visita comezou pola ruta dos muíños no Concello de Meis, e continuou na Bodega en Cambados. Aló, ademais de probar o nellor viño do país, pernoctaron e desfrutaron dunha animada cea con baile. A mañá seguinte comezou cun paseo polo porto deportivo de Sanxenxo e polo porto mariñeiro de Portonovo. De marcha ata o Grove e a Illa da Toxa, e visita ao Mosteiro de Poio, para finalizar na preciosa vila mariñeira de Combarro, a Veneia galega.

Vemos á expedición vimiancesa na Praza de Fefiñanes en Cambados.

Visitas como esta témolas día tras día na Costa da Morte. Vemos como os autobuses do sur do país e da península pasan dirección Fisterra, o lugar máis emblemático da bisbarra, que pasa por ser o segundo punto máis visitado do pais. Sen ir máis lonxe, a semana pasada veíamos como a través do programa Galicia Natural, unha expedición visitaba Fisterra acompañada de Manuel Suárez Suárez.

Novas relacionadasImage

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación O Castelo de Vimianzo, da man de Nieves Lema.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com