|
 O pasado domingo 24 de maio, a Asociación de Empresarios de Ponteceso, viaxou a Noia para coñecer de cerca o funcionamento dun Centro Comercial Aberto, con vistas a crear na vila unha organización comercial similar. A asociación elixiu Noia polas súas campañas comerciais dinámicas e a súa atractiva páxina web, http://www.noiahistorica.org/. Dispón o CCA dunha directiva traballadora, con ánimo de promocionar o comercio local e conseguir que a xente siga mercando en ese pobo e usando os seus servizos asociados, conseguindo que o seu comercio sexa competitivo e ofreza diversidade. Todo iso, enclavado en un fermoso e cuidado centro histórico, cun mercado que se celebra os xoves e domingos en dito centro e que atrae a visitantes da comarca. A AEP tomou nota de como o CCA Noia Histórica está identificado cun logotipo propio (o rosetón da igrexa de San Marcos), que aparece en todas as campañas publicitarias conxuntas, comercios asociados, rúas nas que están eses establecementos, páxina web, vallas publicitarias, etc. Ademais ficaron sorprendidos pola orixinalidade das campañas alí desenvoltas, como a de “Arte nas rúas” (exposición de cadros de artistas locais nos escaparates), a de maquetas de barcos tamén nos escaparates, ou o concurso de tartas infantís o día da Nai. Todas estas campañas son de baixo custo e de gran efectividade, cada unha delas cun eslogan propio e adecuado a campaña a realizar. A AEP toma nota, e coa información e datos recollidos, poñerase en contacto cos comercios locais interesados para a creación de esta estructura comercial. Novas relacionadas Fonte
|