Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Asociación Pedras Miudas de Lires segue crecendo e artella a Homenaxe a unha xeración  Correo-e
miércoles, 27 de mayo do 2009

Image

A directiva da Asociación Pedras Miudas de Lires vén de completar Dúas novas incorporacións. Rosalia Traba e Olga Fidalgo, que xa levaban colaborando coa asociación, únense definitivamente á directiva.

E non para a asociación, que xa prepara unha nova actividade. Será este sábado 30 de maio de 2009, ás 17:00h da tarde na escola de Lires (na foto) e a cita será pretende render "Homenaxe a unha xeración". A idea céntrase nos importantes avances que se conseguiron facer en Lires a finais dos anos 60, onde a unión das xentes era moi grande. Obras como a traída de augas, a luz do Camposanto, o arranxo do camiño do medio do lugar, son das máis siginificativas conseguidas con pobo unido. Unha nova tentantiva para loitar dende dentro contra o telón de grelos.

Con estas actividades tamén se lle dá un gran impulso á importancia da xuventude. Naqueles tempos creáronse as clases de noite, onde predomina a formación agraria; arránxase a praza para a celebración das festas; constrúese o salón parroquial e convértese nun centro de ocio, a Danza de Arcos, recuperada recentemente e o baile de cestas atóapanse no seu máximo esplendor, etc. Isto leva a que o PLANTEL consiga o título nacional de tarefas agrarias no ano 1968, e primeiro premio nacional San Isidro par planteis no ano 1969.

N década dos 60 empézase a ver, por primeira vez, o turismo coma posible negocio de futuro, e a partires do 1969 Lires figurará no programa de Vacacións en Casas de Labranza.

Programa

O acto constará de 3 partes:

  • 1- Proxección do filme Lires do ano 1968, e baseado en todos os feitos arriba mencionados
  • 2- Charla con D. Ángel Estévez ( axente de extensión agraria daquel momento), co párroco D. Lorenzo Castiñeira , así coma con algúns veciños partícipes daquela época.
  • 3- Descubrimento dunha placa honorífica a toda esta xeración en " Riba das Eiras".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Pedras Miúdas de Lires.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com