|
Unha pequena muxiá de 6 anos falece nun novo accidente de tráfico |
Correo-e
|
|
miércoles, 27 de mayo do 2009 |
|
Semana tráxica esta a que leva a Costa da Morte e mais o país galego en xeral. Se o pasado luns falecía un home de nacionalidade portuguesa nas estradas de Dumbría, hoxe coñecemos outro terrible suceso que lle costou a vida a unha pequena cativa muxiá de 6 anos. A pequena de Muxía, que respondía as iniciais M.L.C., viaxaba nun vehículo que chocaba contra un tractor, que estaba aparcado na pista que une Vise o Vilarmide, no termo municipal muxián. O accidente tivo lugar na noite de onte, martes 26 de maio de 2009, arredor das 23:00 da noite. A acompañante do condutor, ileso tralo accidente, está en estado grave. Novas relacionadas Fonte
|