|
"Outros fíos na rede" leva a artesanía camariñá á rede |
Correo-e
|
|
miércoles, 27 de mayo do 2009 |
|

Unha nova charla terá lugar en Camariñas través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información). I é que Óscar Clapés, técnico de Dinamización do concello camariñán, non deixa de O xoves 28 de maio, ás 19:00h, no centro de iniciativas de Camariñas, terá lugar a charla “Outros fíos na rede”. Pretende así promocionar a inclusión do comercio electrónico nas tendas camariñás de artesanía. A iniciativa da é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A charla, de 2 horas de duración, enmárcase na celebración do 17 de maio, que homenaxea o Día das letras galegas, o día mundial das telecomunicacións e o día mundial da sociedade da información. Na charla explicaranse os diferentes pasos a realizar polas tendas de encaixe de Camariñas para engadir os seus produtos á tenda virtual mercadogalego.eu , posibilitando así o comercio electrónico destes produtos. Os obxectivos desta iniciativa son: - Vincular ás novas tecnoloxías ca artesanía e un dos principais medios da vista da Costa da Morte: O encaixe.
- Facer do comercio electrónico unha realidade comercial do encaixe.
- Divulgar a través das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) o encaixe camariñán.
- Familiarizar a este colectivo cas novas tecnoloxías.
Novas relacionadas
|