|

A importancia do noso patrimonio cultural é enorme, pero se cadra as administracións non lle dan seu valor. Así, na bisbarra temos unha morea de bens declarados Ben de Interes Cultural, que teñen a obriga de ser abertos ao público, alomenos, 4 días ao mes. Non fica aí as necesidades, senón que ademais habería que publicitar estas aperturas, para que veciños e visitantes souberan que o Castelo do Cardeal ou as Torres de Cereixo, están abertas. En Vimianzo son varios os edificios e monumentos con tal calificación, pero a posibilidade de velos é nula. Aí están as Torres de Cereixo, que vemos na foto, datadas do século XVI, e que actualmente pertencen a don Santiago Fernández Puentes sendo empregada como residencia. Ante esta situación, repetida continuamente en toda a bisbarra, unha das primeiras en moverse é a presidenta local e deputada provincia, Carmen Borbujo. Así, os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, presentarán no seguinte Pleno Ordinario, unha moción para que o concello solicite a Patrimonio Cultural a súa intervención para que se inste ao propietario das Torres de Cereixo a que abra o recinto ao público os días fixados pola lei e nas súas condicións. Moción do PP de Vimianzo Vimianzo conta cunha serie de valores culturais e naturais, un legado etnográfico, de artesania, ou historico artistico, onde os monumentos singulares son unha peza de gran valor para revalorizar os nosos pobos, a nosa historia e crear novos atractivos turísticos. Pazos, mosteiros, igrexas, reitorais, casa nobres conforman un conxunto único e singular e en moitos casos son edificios protexidos por distintas lexislacións pero pechados ao público. En Vimianzo temos unha serie de bens declarados Ben de Interes Cultural como varios dos nosos dólmenes ou pazos nobres como as Torres de Cereixo, situadas nunha parroquia de gran beleza vinculada ao Xamiño Xacobeo, cun románico singular e un casco ben conservado. A Lei de Patrimonio de 1995 obriga aos propietarios de inmobles BIC a conservalos e procurar a súa rehabilitación, mostrar os bens ao público polo menos catro días ao mes de forma gratuíta en días e horario prefijados. Os propietarios de bens de interese cultural da zona incumpren a lei que lles obrigan a facilitar o acceso gratuíto ao público polo menos catro días ao mes. É por iso que desde o noso grupo sometemos á votación do Pleno. - Que se solicite a Patrimonio Cultural a súa intervención para que se inste ao propietario das Torres de Cereixo a que abra o recinto ao público os días fixados pola lei e nas súas condicións.
Novas relacionadas Fonte
|