|
Napoleón marcha de Mazaricos |
Correo-e
|
|
miércoles, 27 de mayo do 2009 |
|

Non é este un novo repaso da nosa historia do Bicentenario da Guerra contra a invasión francesa, senón que se trata da obra de teatro que esta fin de semana terá lugar en Mazaricos. "A retirada de Napoleón", do mítico Teatro de Airiños, ofreceranos un novo e simpático paseo e pola historia. A obra é de Xavier Prado "Lameiro", e dirixida por Xesús Santos. A obra representarase este domingo 31 de maio, a partir das 17:30 da tarde na Casa da Cuñtura da Picota. Teatro Airiños O grupo de Teatro Airiños, é un expoñente da resistencia cultural ó franquismo; convertíndose pola súa dilatada traxectoria no grupo de teatro estable máis antigo de Galicia. Naceu coa II República, soportou con dignidade os reveses da dictadura, e fortaleceuse coa democracia para celebrar os 75 anos de vida. As súas actuacións foron sempre en galego, aínda nos anos máis duros da censura. Sempre acorde coa liña marcada polos seus fundadores galeguistas: propagar a lingua e a cultura autóctona por medio de teatro do pobo. Velaí o seu papel. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Responsable de Cultura de Mazaricos, Suso Jurjo.
|