|

Sexan as miñas primeiras liñas de benvida e agradecemento. De benvida a todos e todas que movidos polo seu interés na nosa historia ou por simple curiosidade se achegan a esta sección. E de agradecemento a todos os que forman QPC, e moi particularmente a Javier Calaza e Ubaldo Cerqueiro, por abrirme as portas do ciberespazo e permitirme compartir con todos vós algúns dos coñecementos que un foi adquirindo primeiro, nos anos de investigación e elaboración da tese de licenciatura, e logo como continuación dun proceso que me levou a pasar o mellor dos meus anos de xuventude entre libros, pergameos e ordenadores. Nos vindeiros meses iremos adentrándonos no que foi a historia das terras da Costa da Morte, e como non podía ser doutro xeito, empezaremos polos vestixios máis antigos: os megalitos. Logo irán aparecendo os castros, a romanización, a época sueva, os tempos medievais, modernos e contemporáneos… Todo elo desde un perspectiva xeral e de conxunto, co fin de acadar unha visión o máis realista, obxectiva e veraz do que realmente aconteceu nestas terras do occidente europeo. Gracias, de antemán, pola vosa paciencia e espero que benevolencia á hora de xulgar o que simplemente aspira a ser un traballo introductorio e de divulgación, aínda que eso sí, co máximo rigor e crítica histórica. Na confianza de iniciar unha fructífera e cómoda singladura chegou o momento de viaxar no tempo. - Víctor Manuel Castiñeira Castro.
Elección Histórica da Costa da Morte Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|