Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A única praia da Costa con Bandeira Azul e Q de calidade  Correo-e
viernes, 29 de mayo do 2009

Image

Tan só 7 praias en Galicia contan co distintivo este 2009 da Q de Calidade, que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). E unha delas está na Costa da Morte, máis concretamente en Laxe. Este será o primeiro verán que ondee a bandeira da Q, ao carón da Bandeira Azul, que xa coñeciamos onte e da que volve presumir a praia de Laxe, ao igual que outras 6 da Costa da Morte.

O Concello de Laxe móstrase moi ledo pola doble considerción ambiental da súa praia, e alégrase de que o traballo realizado nos últimos anos sirva para recibir este recoñecemento.

Non para o Concello de Laxe, e xa solicitou a Costas que realice na praia unha serie de melloras para cumprir co requisito de mellora continua da calidade. Entre estas destacan a colocación de máis pasarelas na zona do cabo da Area así como a colocación dun Punto de Información Dixital á beira da Caseta de Turismo con información sobre os servizos de hostalaría e comercio, a calidade na praia ou o patrimonio cultural e natural do concello, entre outras informacións.Image

Así mesmo o Concello contará cunha ordenanza de praia para este mesmo verán. Será un novo marco xurídico que axudará a xestionar mellor as praias municipais.

O concello lembra que a praia de Laxe é o verdadeiro motor do desenvolvemento turístico da localidade.

Novas relacionadas

Recunchos praieros

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com