|
O Alcalde de Vimianzo promete viaxar a Extremadura cos rapaces do Instituto |
Correo-e
|
|
viernes, 29 de mayo do 2009 |
|

O pasado mércores, os rapaces do IES “Terra de Soneira” trasladáronse a Talarrubias (Extremadura) dende o Telecentro de Vimianzo. Un xeito moi barato de viaxar, a través da rede podemos visitar a península. A xornada estivo encadrada nas sesións do proxecto intercultural que une a alumnos de toda a penínsual a través dos Telecentros. Desta volta os soneiráns compartiron experiencia cos alumnos IES “Siberia Extremeña”, tamén de 1º da ESO. A finalidade desta iniciativa, que xurdío do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo, consiste en acortar os camiños que separan Galicia das outras Comunidade Autónomas para que así os rapaces poidan coñecer, sen necesidade de desplazarse, o patrimonio cultural e turístico dos distintos pobos de España, e ao mesmo tempo promocionar Vimianzo e a Costa da Morte. O alcalde participa Desta xornada, cabe destacar a promesa que fixo o alcalde, Alejandro Rodríguez, para intentar que este encontro virtual fructificase nun encontro físico. Tamén aproveitou a ocasición para felicitar aos técnicos que fan posible que se leven a cabo accións coma estas, a pesar de estar separados por tantos quilómetros, aos profesores por apoiar esta iniciativa e por suposto, aos alumnos/as que demostraron como se promociona o noso territorio. O alcalde animou á xuventude a seguir traballando no eido das novas tecnoloxías da información e aproveitar todas as oportunidades que estas brindan. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo.
|