Beiras no Cárcere Vello de Corcubión O venres 29 de maio concluirán as xornadas do II Maio Solidario. Xornadas organizadas pola Universidade Popular de Corcubión. Desta vez a Cárcere Vella ás 20.00 horas acollerá a Xosé Manuel Beiras coa ponencia: "Galiza no Foro Social Mundial". O histórico deputado nacionalista no Parlamento Galego e catedrático da USC visitará Corcubión co fin de dar a coñecer a posición do noso país no Foro Social Mundial. Teatro, obradoiros e Romería en Laxe
O sábado 30 de maio, pola mañán, haberá unha festa por todo o alto na Praza dos voluntarios de 11 a 14:00h, con Obradoiros de manualidades, hinchables, e partidillos organizados, de deportes de raquetas, mazaball, futbito e baloncesto. Tamén haberá unha actuación do Mago Gusi ás 12.30h co seu espectáculo Spiral. O mesmo sábado pola noite ás 21:00h no Salón de Actos, o grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Laxe, realizará a estrea da súa última montaxe titulada Terra de Ninguén. O domingo 31 ás 17:00h, máis teatro no Festival de Fin de Curso. Romería do Peñón O luns 1 de xuño, celébrase a Romaría do Peñón, tradicionalmente os romeiros de Laxe acudían as festas do Espíritu Santo de Camelle. Este ano, todos os que se acheguen á Braña de Soesto poderán, desfrutar a partires das 19 horas, da actuación do Cego dos Monifates, que fará un cantar de cego tradicional, e despios poderemos bailar todos ao ritmo do Tren da Unha, grupo musical de Laxe. Cine de Corme Hoxe venres 29, no ciclo adcado ao cine arxentino, toca "El polaquito", de Juan Carlos Desanzo, con Abel Ayala e Marina . Ademais haberá curtas de "Para mariñeiros nós", con Suso Lista e Manolo de Laxe. Napoleón en Mazaricos A obra "A retirada de Napoleón", do mítico Teatro de Airiños, representarase este domingo 31 de maio, a partir das 17:30 da tarde na Casa da Cuñtura da Picota.. A obra é de Xavier Prado "Lameiro", e dirixida por Xesús Santos. Remedios Vellos de Lira O sábado 30 de maio comezamos coa gran verbena da man a Nova Palma e Orquestra Televisión. O domingo, a partir das 17:00h, xornada de Baile Galego a cargo da ANPA do CEIP de Carnota, con hichables gratuitos para os nenos. As festas continúa o luns e o martes. Teatro en Muxía A Escola Municipal de Teatro de Muxía, baixo a dirección de Artur Trillo estreará o espectáculo “Mortos de fame” o sábado 30 de maio ás 9,30 da tarde no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa. Ao día seguinte, domingo 31 de maio, á mesma hora , 9,30 da tarde, haberá unha segunda representación da mesma obra. As persoas interesadas en acudir ao teatro deberán retirar as súas entradas de 8 a 9 h. da tarde no mesmo Edificio de Servizos Múltiples (cun máximo de dúas entradas por persoa). As entradas son de balde. Pedras Miúda homenaxea a unha xeración Este sábado 30 de maio de 2009, ás 17:00h da tarde na escola de Lires, a Asociación Pedras Miudas organiza unha "Homenaxe a unha xeración". HAberá proxección, charlas ese descubrirá unha placa honorífica a toda esta xeración en " Riba das Eiras". A Asociación Pedras Miudas de Lires segue crecendo e artella a Homenaxe a unha xeració. Fisterra e Chequia homenaxean á historia O Concello de Fisterra, en colaboración co Centro Checo e a Embaixada da República Checa, conmemoran este domingo a chegada a Fisterra no séc. XV do nobre Lev de Rozmital, quen, por encargo do Rey Jorge de Podebrady, difundiu por toda Europa unha mensaxe de paz. A xornada dominical comezará ás 17:00 cunha peregrinación ao faro, e pola noite haberá teatro checo e festa intercultural. Teatro en Baio Esta fin de semana ten lugar a clausura da Escolas Municipais de Teatro de Zas e Baio. Serán 41 nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, que participaron nas clases impartidas polos monitores do grupo Badius nas aulas de Zas e Baio, dende o mes de Novembro, os que ofrezcan un espectáculo co aprendido. Estas son as citas: - Clausura da Escola de teatro en Baio: Sábado 30 de Maio; ás 20.00h no Auditorio do Polideportivo de Baio.
- Clausura da escola de teatro en Zas: Domingo 31 de Maio, ás 11.30h no Auditorio do Concello.
Teatro no Auditorio de Vimianzo Esta fin de semana toca Petición de mano, de Teatro Finisterrae. Sera o domingo 31 ás 20:00 no Auditorio da Casa da Cultura. Títeres en Dumbría O sábado 30 maio, ás 18.00h no Centro Social de Dumbría, a compañía Titiritempo presenta "Sete-sete". Baile deportivo en Cee Este domingo 31 de maio, terá lugar unha nova edición da exhibición de baile que se celebra tódolos anos polo fin de curso. Esta vez será no pavillón de Cee, a partir das 16:30 h. e ata as 20:30, e coa entrada gratuita. Son Graciela Toba e Juan Carlos, responsables da escolad e baiole Arte e Movemento, os encargados da organización do evento. Participaran arredor de 210 bailarins, nenos e adultos, 40 nenos alumnos de taekwondo, e cantará a pequena de Mazaricos, Iria París. Para finalizar, Juan Carlos e Graciela, profesionais do baile deportivo que compiten a nivel internacional, fará unha demostración de Samba, Chachacha, Rumba-bolero e Jive Clausura das escolas deportivas de Ponteceso O sábado 30 de maio celebrarase a clausura das escolas deportivas municipais no pavillón municipal en Corme. Como todos os anos haberá exhibicións de judo, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Farase a entrega de medallas aos campións das ligas. Finalmente haberá hinchables, futbolíns, tenis de mesa e talleres infantís. Os actos comezarán ás 17.00h Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|