Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
10 anos de Nordés  Correo-e
sábado, 30 de mayo do 2009

Image

Non, non nos referimos ao vento. Desta volta non é o Pegho ou o Canario quen fala do nordés. Hoxe referímonos á radio, á Radio Nordés - Cadena Ser. A emisora da Costa da Morte xa deu o paso de convertirse na compañeira do día a día, e este sábado cumple, nada menos que 10 anos en antena. O meirande logro acadado pola emisora, que non é pouco, é conseguir introducir nas nosas cabezas esa idea de unidade que tanta falta fai nesta desperdigada bisbarra. Esa identidade que precisamos para ser ese pobo unido que poida protestar en común, disfrutar en común, e pensar en común, lonxe dos localismos que tanto dano nos fan. Aí está o equipo da Radio Nordés - Cadena Ser para unirnos.

A bisbarra a día de hoxe non sería o mesmo, non tería esa entidade, esa unidade (o que falta aínda por facer...) sen a presencia dunha radio, que fai que dende as terras de Bergantiños ata Muros, todos teñamos algo en común.

Este sábado 30 de maio de 2009, a emisora celebra o seu décimo aniversario. Son 10 anos de información ao pé, de concursos, de música, de deportes... un milleiro de cousas, nas que os protagonistas sempre son os mesmos, os habitantes da Costa da Morte. Xa o di a cuña: Falámosche a ti.

O equipo da Radio Nordés

Case que unha familia é o equipo da Nordés. O ambiente de traballo na redacción sempre é san, e así se reflicte no bo humor que reina en todas as emisións.

Comezando polo director da emisora e o o máis veretán, Pepe Formoso (arriba á esquerda) formouse na canteira natural da Nordés, a máis veterana radio da bisbarra, a radiONeria. Pepe Formoso decidíu aló polo 1999, dar o salto e pasar ao termo profesional, logo de vairios anos á fronte da radio municipal de Corcubión. Dende entón é o último responsable da emisora, e del depende que sexa economicamente viable ou non.

Image

Se Pepe Formoso está por detrás, por diante están o resto de traballadores da emisora. Fran Hermida, Susana Alvite, Marcela Riera, Ali Camiño e Josiño Mira, un equipo de primeiro nivel para unha emisora de primeira calidade. Vemos esa redacción sempre activa, onde Fran, Marcela (na imaxe de arriba sentada á esquerda) e Susana (na imaxe de arriba sentada á dereita) traballan arreo cada día.Image

Fran Hermida é o máis veterán, xa leva 5 anos como director de programación. A calidade das emisións, dos programas, dos informativos... todo pasa polas súas mans. Xa está convertido ademais na voz máis coñecida da Costa, i é que co seu Nordés Deportivo, e mais coa segunda hora do Vivindo a Costa da Morte, xa é un máis en cada casa.

Ese Nordés Deportivo merece un pequeno apartado aparte. A cita deportiva da semana é cada día ás 15:00. Aí aparece Fran Hermida para falar cos protagonistas do do deporte da costa, e sempre, un pouco máis de atención ao fúbol, xa que aquí ten máis tirón un Fran Pioto ou un Vituco que un Messi ou un Lafita. De feito, un dos eventos máis multitudinarios da bisbarra é esa Gala do Deporte, que cada ano organiza a Radio Nordés, cun éxito total de participación e de espectación.

Fran, ademais, adícase a repartir palabras. Vai polos bares do país, contando historias, e facendo rir ao persoal. A súa capacidade como monologuista é algo que non temos tan comprobado na bisbarra, como o teñen en Compostela ou Cambados. Este vindeiro cumple 10 anos, si, 10 anos tamén, com monologuista, e gustaría de atopar pola zona un local interesado en celebralo. Nós morremos por velo por aquí.

Como responsable de informativos temos día a día, á guapisima Susana Alvite. Susana peléxase coa liña adsl do rural dumbriés para atopar a información que cada día ocorre na bisbarra, e dende ás 8:00 da mañá xa está nas ondas coas últimas novidades. Parece que vive na pecera.

Image 

José Manuel Mira ocúpase dos 40 principales - Nordés. A cadena máis escoitada na bisbarra trae os éxitos de todo o estado, cun toque costeiro, e as súas cuñas, como as de toda a emisora, son de traca.

Na sombra, o equipo complétase con Ali Camiño e Marcela Riera. Fundamentais no día a día da radio, ambas ocúpanse dos traballos máis administrativos, e participan tamén nas cuñas e nos informativos cando hai demasiadas novas das que Susana non é capaz de cubrir. O equipo está ben completiño, vaia.

Enviamos unha forte aperta a todo o  equipo da Radio Nordés - Cadena Ser,  e os meirandes parabéns por todo o traballo ben feito ao longo destes 10 anos soando nas casas da Costa da Morte.

Programación no 106.2 e no 92.2 FM

  • Informativos (LaV ás 8:20, 13:10, 14:15 e 23:55).
  • Vivindo a Costa da Morte:
    - Con Susana Albite (LaV de 12:20 a 13:00h);
    - Con Fran Hermida (LaV de 13:15 a 14:00h).
  • Nordés Deportivos, con Fran Hermida ( LaV de 15:10 a 16:00h).
  • A Cancela, con Pepe Formoso (Sábados ás 12:10h).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com