|
¿En que consiste ter un dereito?. Este dia, escoitando unha desas intragables tertulias televisivas do medio día doume por preguntarme isto e algo mais. ¿Que é a propiedade privada?,¿en que consiste?. Imos o miolo do asunto. O debate o redor do dereito o aborto e a súa reforma, a da lei que regula ese dereito, fíxome pensar nalgo que, sen ter demasiada relación, non deixa de formar parte, a bo seguro, da definición de “dereito” como parte correspondente o meu libre albedrío para decidir por min e polo da miña propiedade. Deixando a un lado as bobadas que a igrexa católica, demasiado acariñada e mimada polo estado e por certos estamentos políticos da extremadereita, do PP vaia, quero falar do intrínseco a esa palabra, a esa parte do trato no que consiste a democracia... os dereitos. Temos dereito a acumular propiedades. En base a isto, eu podo ter, por exemplo, unha casa, ou un terreo, pero nun momento dado esa propiedade impide o paso dunha estrada, dunha vía publica, que se quere facer e que a comunidade necesita. Chegados a ese extremo o estado, a lei, decide eliminar o meu dereito e privarme do meu ben en pro da comunidade, do “ben publico” e así, privarme do dereito que tiña a propiedade privada. ¿É isto capitalismo?. Ben... non, nunca. ¿Forma `parte das bases primeiras do liberalismo que inspira todo o sistema económico e social no que se asenta a nosa comunidade?. Para nada. ¿É comunismo?. Pois... podería selo, si. ¿Forma parte dos fundamentos teóricos que Marx e Engels deixaron plasmados como comunismo?. Si, calquera deles firmaría esa deposición do dereito a propiedade privada e moito mais. ¿É de sentido común?. Depende... pero ese é outro debate. Por extensión, si unha muller, maior de idade (non entro no dos 16 anos porque penso que o debate esta equivocado de base e non leva a nada) decide, en uso do seu dereito a ilo interromper o seu embarazo, o que se produce no seu corpo, por razóns que so lle deben preocupar e importar a ela e a ninguén mais ¿debe neste asunto mediar o estado?. Si o miramos dende a óptica Marxista a cousa, si a base fora a mesma que non o sei, seria que si, porque ese “non nato” podería engrosar no futuro o proletariado común e formar como forza de traballo, ou mente pensante, ou cargo do partido, etc,etc. Agora ben dende a optica Capitalista ese “ben privativo”, esa “propiedade privada” que so pertence a quen po concibe e xesta, a súa portadora e única propietaria ata o seu nacemento se se produce, esa parte mesma do organismo vivo que é unha muller en estado ¿pode ser “ben cesante” ou ser enaxenado do resto da “propiedade”? Dende a pura optica capitalista si, sempre. ¿é dende o sentido común?... Eu penso que tamén, aínda que por razóns diferentes claro. Agardo e espero, polo tanto, que dado o interese da Igrexa Católica en meter a pata por doquier, se faga tamén cargo de sufragar, neste mundo capitalista no que eles e nos vivimos, os custos de manutención de todos cantos nenos deixen de ser abortados antes nin sequera de ser seres humanos no sentido propio da palabra. Que paguen os gastos de todos, pero do seu patrimonio, non do meu, nin da X de calquera desaprensivo na declaración da renda. E despois, que falen... Novas relacionadas Columnas anterioires Máis información
|