Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Elixidos os persoeiros máis importantes dos concellos da Costa  Correo-e
lunes, 01 de junio do 2009

Image

Tras un mes repasando a historia da nosa bisbarra nome a nome, os lectores de corcubion.com e quepasanacosta xa tomaron unha determinación, elixiron aos persoeiros que consideraron máis importantes da historia de cada concello da Costa da Morte.

A participación foi considerada moi positiva poos organizadores, que se louban de contar con especialistas de primeira orde da bisbarra. Ademais a iniciativa chegou a moitos puntos do país, como reflicte a votación e a participación cun comentario de personalidades, como Felipe Senén, entre outros.

Analizando a participación, vemos que a comunidade pontecesá foi a máis participativa. Cabe sinalar que a incorporación á lista de Eduardo Pondal e o Almirante Mourelle da Rúa serviron de catalizador da votación, que acadou nada menos que 224 votos nun mes. Pola contra, o concello menos involucrado foi o de Mazaricos, que foi ao tempo, o máis igualado.

A media de votos ronda os 100 votos por concello, o que supón unha moi boa participación, a xuizo dos organizadores. Agora queda seguir votando e aprendendo, para o que se poden utilizar os comentarios como fontes de información. Escribide as vosas inquedanzas, apostas... calquera aportación será positiva.

Repasando a historia da Costa da Morte

Ademais QPC continúa repasando a historia da man dos mellores especialistas da bisbarra. Xa temos exposto traballos de Darío Areas ou Juan Campos, repasado o Bicentenario da Guerra dos Franceses con Alejandro Lamas, e esta semana comezamos cunha nova xeira de artigos, gracias á colaboración de Víctor Castiñeira: Que pasou na Costa? será a nova proposta histórica de QPC, mentres continuamos coa Elección.

Elección histórica

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com