Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PSdG falou en galego na Costa  Correo-e
lunes, 01 de junio do 2009

Image

Falaron en galego os participantes dos mitins desta fin de semana que o PSdG-PSOE ofreceu na Costa da Morte. O sábado, foron Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, a Vicealcaldesa de Cee, Amancia Trillo e a Europarlamentaria e candidata, Rosa Miguélez, os que interviron no Mitin Central dos Socialistas en Cee. Uns 300 veciños, militantes, simpatizante e amigos, reuníronse no Pavillón Polideportivo Municipal de Cee para lembrar a necesidade ir votar nas Eleccións Europeas deste vindeiro domingo 7 de xuño.

De igual xeito, Camariñas servíu de feudo para realizar outro acto electoral este domingo 31 de maio. O PSdG de Camariñas, celebrou o seu mitin na Casa de Pedra. Comezou falando Sandra, a vicesecretaria Xeral de Camariñas, o Alcalde, Manuel Valeriano, Pichurri, a Deputada Parlamentaria, Marisol Soneira, que xogaba en casa e por último Pablo García, o Secretario de Organización dos Socialistas de Galicia.

Image

Notas de prensa do PSdG da Costa da Morte

Mitin de Cee

O día 30 de maio de 2009, o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, a Vicealcaldesa de Cee e a Europarlamentaria e candidata Rosa Miguélez, chamaron á participación masiva, nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo, durante o Mitin Central dos Socialistas en Cee - A Coruña. Cerca de 300 veciños, militantes, simpatizante e amigos, se reuniron no Pavillón Polideportivo Municipal de Cee.

Na súa intervención, Francisco Caamaño, o Ministro Ceense, falaba por primeira vez de maneira oficial, nun acto público na súa terra. Dedicando agradecementos ao veciños, amigos e familiares, dicindo, que é un verdadeiro pracer o estar no corazón da Costa da Morte para falar con tanta xente. Xente coa que foi medrando, e aprendendo ao longo da súa vida.

Falou en Galego, como galego e defensor dos costumes propios de cada comunidade autónoma, co respecto aos casteláns falante.

Foi contundente despois de coñecer a decisión tomada polo Partido Popular, con Feijoo á cabeza, de anular a compra do helicóptero de salvamento e socorro para a Costa da Morte, que tería a súa base fixa na Parroquia de Lires en Cee. Realmente, recoñece, que esas son as maneiras de gobernar do Partido Popular, sempre que ten nas mans calquera tipo de goberno, rompe co traballo que outros fixeron. Buscan o mellor para os seus intereses e esquecen que os veciños e as veciñas son os que teñen que dispor dos mellores servizos.

Con dous meses que o Partido Popular leva gobernando Galicia, esta é a benvida que tivo preparada para acordarse da Costa da Morte. Recorda que o vindeiro domingo “temos moitísimo que decidir” e apuntou que o primeiro mandamento para un político é coidar da xente. A isto contrapuxo a actitude de Núñez Feijóo e criticou a súa política en relación co galego. “A Feijóo o que lle amola é falar como a xente; pero non hai que gobernar para os señoritos, senón para a todos”, dixo.

Comentou que a intención dos populares é sempre a “de recortar dereitos e medidas, non porque non haxa cartos, senón porque estes foron aprobados por un goberno progresista”.

Denominou ao partido popular “a dereita más dereita de tódalas dereitas” e dixo que o PP de Rajoy “non pensa no pluralismo, na tolerancia, nin nas persoas que menos teñen”.

Contrastou a proposta de José Luis Rodríguez Zapatero, no Debate do Estado da Nación, de crear un novo patrón de crecemento económico “máis baseado nas políticas medioambientais e na formación ca no ladrillo”, con medidas como a creación de novas vivendas residenciais cada vez máis cerca da costa “que é a gran aposta da dereita”.

Por último, indicou que o vindeiro 7 de xuño xogámonos “saír desta crise cun novo modelo de crecemento” e afirmou que “ao PP non lle gusta Europa, gustáballe o rancho de Bush e agora non saben moi ben a onde ir”.

Francisco Caamaño compartiu acto con Amancia Trilllo e con Rosa Miguélez, que enunciou no seu discurso as políticas que se deciden en Europa e que son fundamentais para Galicia, como as dirixidas aos sectores primarios, agricultura, gandería e pesca, as Directivas de servizos ou a seguridade marítima, recordando os debates posteriores ó desastre do Prestige, as demandas do Grupo socialista e ”o boicoteo reiterado do Grupo Popular español, especialmente dun tal Galeote, que no seu dia foi moi belixerante coas demandas galegas e hoxe está imputado no caso Gürtel”.

A Europarlamentaria, insistiu na necesidade de mobilizar o voto progresista cando “se xoga o futuro de Europa nun momento tan importante para a nosa economía, para o noso presente e para o noso futuro”. “Europa só terá unha oportunidade si o Parlamento acada una maioría de progreso, que insista na protección social, nos investimentos en políticas medioambientais, no impulso da educación pública e no avance en dereitos e liberdades, lonxe de actitudes casposas e ridículas como as que representa Berlusconi”.

Tanto Amancia Trillo, como Rosa Miguélez e o mesmo Ministro de Xustiza, pediron aos veciños de Cee, da Comarca, de Galicia, o seu voto o día 7 de xuño “para que Europa progrese, polos dereitos dos traballadores, nun momento de crise económica e crucial para a defensa das políticas sociais”.

Mitin en Camariñas

O pasado día 31 de maio, os Socialistas de Camariñas, celebraron o seu mitin Central , na Casa de Pedra, coa asistencia de numerosos responsables comarcais. Un auditorio cheo de veciños e veciñas que clamaban Socialismo nunha Camariñas Socialista.

Comezou falando Sandra, a vicesecretaria Xeral de Camariñas, o Alcalde, Manuel Valeriano, Pichurri, a Deputada Parlamentaria, Marisol Soneira, que xogaba en casa e por último Pablo García, o Secretario de Organización dos Socialistas de Galicia.

Acto ameno e activo desde o comezo ata o seu remate onde os representantes pediron o voto e a asistencia masiva aos colexios electorais o vindeiro domingo 7 de xuño, para defender o noso futuro.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com