|
Cabana clausura as súas Escolas Deportivas e celebra a Gala de Baile de Salón |
Correo-e
|
|
martes, 02 de junio do 2009 |
|

O Concello de Cabana de Bergantiños clausura o vindeiro venres 5 de xuño as súas escolas deportivas, e de paso celebra a VIII Gala Baile de Salón. Unha morea de familias disfrutarán de ver aos seus pequenos amosando todo o que aprenderon ao longo deste curso, nunha doble xornada festiva. Vemos na foto unha imaxe das escolas de patinaxe artística. Así, a partir das 19.45 h realizarase a clausura de todos as escolas deportivas municipais nas modalidades de xudo, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baloncesto e fútbol sala. Dúas horas máis tarde, a pista do pavillón encherase de música e colorido coa celebración da VIIIª Gala de Baile de Salón. Estes actos contan coa colaboración da Deputación da Coruña, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, de Coca Cola e de Nestlé Yoco. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Cabana.
|