sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Terapia craneal en Zas  Correo-e
martes, 02 de junio do 2009

Image

O pasado venres, 22 de maio, tivo lugar en Zas o 3º taller do curso de masaxes do Banco de Tempo, que nesta ocasión versou sobre a terapia sacro craneal ou craneo sacral. Un xeito de achegarse ao noso corpo, como vemos na fotografía onde os participantes está a escoitar os nosos pés.

Un pouco de teoría

O sistema sacro-craneal é un sistema contido dentro dunha membrana que envolve o cerebro e o cordón espiñal e que ten como función a producción, circulación e reabsorción do fluido cerbroespiñal. Nesta membrana hai un continuo subir e baixar da presión dese fluido e o pulso dese fluido é, o igual que o latido do corazón e a respiración, transmitido a todolos texidos e estruturas do corpo como un movemento involuntario e espontáneo con ritmo determinado. Cando encontramos movemento desequilibrado, indica que as funcións normales do corpo poden estar en conflicto e podense desenvolver síntomas.

Polo tanto, o obxectivo do terapeuta sacro craneal é avaliar e tratar este sistema da forma menos intrusiva posible, usando pouca forza na palpación e tratamento, axudando o corpo a restablecer un movemento equilibrado.

E á práctica

Isabel Lagoa puxo en práctica este tratamento cos participantes, por eso vemos nas fotos como se sentaron a escoitar esas fluctuacións primeiro nos pés e despois na cabeza, para máis tarde dar paso a un tipo de masaxe relaxante nesas zonas.

Unha vez máis, este taller volviu a ter o acollemento e satisfacción esperados, e os asistentes están desexando volver a encontrarse o próximo venres na seguinte sesión, que será sobre reflexología podal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com