Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Banco de Tempo de Vimianzo aprende artesanía do textil  Correo-e
martes, 02 de junio do 2009

Image

A metodoloxía de funcionamento dos Bancos de Tempo vaise facendo un oco entre a veciñanza de Vimianzo. Pouco a pouco e con boas iniciativas que calan na xente. Por exemplo, o pasado mércores 20 de maio comezou o programa de actividades do Taller de Artesanía Téxtil que está a levar a cabo o Banco de Tempo do Concello, no Edificio de Servicios Múltiples de “A Torre”, en horario de tarde e durante as cinco vindeiras semanas. Conta cun total de 27 persoas inscritas.

Ganchillo

Image 

A primeira actividade foi o ganchillo, comezou ese mesmo día as 18:00 h e tivo unha duración dunha hora e media. A mestra encargada desta actividade é Manuela Rodríguez Diéguez, usuaria do Banco de Tempo dende o pasado mes de abril.

Costura

Image 

A segunda actividade foi costura, comezou o venres 22 de maio as 18:00 h e tamén tivo unha duración dunha hora e media. Neste caso a mestra encargada é Francisca Antelo Pazos, costureira de profesión, de toda a vida, e a primeira usuaria que se adheriu ó Banco de Tempo.

Calceta, vainica e punto de cruz

Image 

A pasada semana, máis en concreto o pasado luns 25 de maio, comezaron as demais actividades: calceta, vainica e punto de cruz. A vainica e a calceta desenvolvéronse simultaneamente, a partir das 17:00 h, xa que son impartidas pola mesma mestra, Flora Matilde Barreiro Domínguez, a usuaria de maior idade do Banco de Tempo e tamén unha das primeiras en adherirse a este proxecto.

No referente o punto de cruz, nun principio, tíñamos pensado que se realizara ó rematar calceta e vainica pero como as usuarias deste taller son moitas das que acudiron ós anteriores e xa hai lazos de amizade entre elas decidiron seguir todas xuntas, cada unha co seu labor.

A mestra encargada de impartir as ensinanzas de punto de cruz é Rosario García Vilavedra, é a última das usuarias que se anotou para participar desta medida. A historia de Rosario é moi peculiar xa que, nun primeiro momento, as actividades de punto de cruz non se ían levar a cabo porque a usuaria que se ofrecera para transmitir estes coñecementos non podía asistir por problemas laborais de última hora.

Cando o resto das usuarias do banco de tempo, interesadas nesta actividade, coñeceron a noticia de que se suspendía puxéronse mans a obra para atopar alguén que lles ensinase. Foron elas mesmas as que lle explicaron a Rosario en que consistían os talleres e todo o relacionado coa metodoloxía de funcionamento dos Bancos de Tempo. Para finalmente poñela en contacto coa axente de tempo.

Destacar tamén que as demais mestras, para impartir este taller, primeiro recibiron horas do banco que consistiron na resolución de dúbidas puntuais en informática. Xuntando esto e o detalle da mestra de punto de cruz está máis que demostrado que a veciñanza do Concello estase concienciando de como é o funcionamento desta medida, dar e recibir o noso tempo, e do boa que pode ser para todos e todas.

Máis información

  • Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
  • Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Laura Castiñeira, Axente de Tempo de Vimianzo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com