Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Sendeirismo vimiancés de Ponteceso a Verdes polo Anllóns  Correo-e
martes, 02 de junio do 2009

Image

Un total de 50 persoas participaron na ruta organizada polo concello de Vimianzo o domingo 31 de maio. Foron 15 quilómetros que discorreron pola marxe do río Anllóns entre as localidades de Ponteceso e o refuxio de Verdes. A saída tivo lugar sobre as 9:40 horas dende a praza do Concello. A expedición marchou dende aló ata a vila de Pondal en autboús e, sobre as 10:20 xa se puxeron a camiñar rumbo a Verdes. Polo percorrido pudeiron contemplar restos de muiños, presas, centrales eléctricas así como a flora e fauna típica da zona.

A visita foi completa e ata toparon cunha serpe de río que se deixou fotografar. A metade de camiño tocou unha  para repoñer forzas e despois continuamos ata o remate. A chegada a Verdes foi ás 16:30 e despois dun merecido descanso no refuxio volveron a Vimianzo.

Image 

Vindeira cita e inscricións

O próximo día 13 de xuño hai prevista outra ruta máis que unirá Vimianzo co Cabo Vilán en Camariñas. Esta é unha ruta de 28 quilómetros por camiños de monte e de costa na que haberá a oportunidade de visitar Sabadelle, o cemiterio dos Ingleses e o Cabo Vilán.

Todos os que queiran participar non teñen máis que inscribirse no Servizo de Cultura e Deportes do Concello (981716001) ou ben por medio de Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo, da man de Víctor Santos.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com