|

O CEIP Areouta de Sardiñeiro está revolucionado coa programación do ciclo "Culturetadas e chirmes variados". Un fervedoiro de imaxinación e creatividade é no que se converteu o centro nos últimos días antes de que comece o extenso programa cultural, que se desenvolverá ao longo do mes de xuño. Haberá de todo, dende cine, a excusións, teatro, xincana... Non faltará de nada para que os rapaces e as rapazas, que son os verdadeiros artífices e protagonistas desta historia, teñan un segundo para aburrirse. A cita comezará este venres 5 de xuño, coa 1ª Mostra de Teatro Escolar. Aló estarán os cativos e as cativas que levan meses nas clases de teatro. Imos do teatro ao monte, xa que para o venres 12, o colexio organizou unha excursión ao Monte Pindo de fin de semana. Que mellor convivencia que aprendendo as lendas e descubrindo as formas máis incribles do monte carnotán. Pola súa parte, os máis pequenos, de infantil e primeiro ciclo, farán a súa excusión ao Monte Louro e á lagoa de Xarfas. A terceira de xuño será a máis completa do programa. Haberá un ciclo de cine infantil o martes, mércores e xoves, separado por idades. Para ese venres 19 de xuño, teatro cos títeres de "Os tres porquiños". E a festa de fin de curso terá lugar o 22 de xuño, luns, con Xincana e todo, e á que están invitados todos os alumnos e familiares do centro fisterrán. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|