|

Non paran as novas tecnoloxías. A voráxine xa sumerxiu á Costa, e son vairos os concellos que están na vangarda da alfabetización dixital. Se por Ponteceso están xo software libre, por Zas co seu proxecto do Zas Dixital continúa crecendo, en Camariñas imos coñecer as novidades máis útiles da rede, como pode ser as chamadas gratis (mesmo internacionais) a través da internet. Así, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Camariñas, anuncia novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xuño nesta localidade. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes: - “Mecanografía”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de escribir con todos os dedos e sen mirar o teclado do ordenador. Realizarase desde o día 1 ao día 4 de xuño de luns a xoves de 10 a 12.
- “Telefonía por Internet”: este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de utilizar diferentes programas para comunicarse en tempo real empregando unha conversa telefónica. Desenvolverase do 8 ao 10 de xuño, de luns a mércores, de 10 a 12 horas.
- “Creación dunha conta correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de luns a venres, do 11 ao 18 de xuño, de 10:30 a 12 horas.
- “Iniciación a Internet”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de utilizar de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Este obradoiro realizarase de luns a xoves de 10 a 12, desde o 22 até o 25 de xuño.
Asemade, está prevista a realización da charla “Protexe os cativas/os na Internet”. Esta charla, que terá lugar o día 29 de xuño ás 10 no Centro de iniciativas empresariais, tratará, entre outras cuestións, a posibilidade de filtrar contidos na Internet e algunhas pautas sobre a educación de rapaces e rapazas na Internet. Máis información Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas Empresariais (ao carón do centro de saúde) na rúa do Río do Prado de Camariñas, chamar ao teléfono 981 73 65 06 ou mandar un correo electrónico ao enderezo: -
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información www.redededinamizacion.eu. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa de Óscar Clapés, Dinamizador da Sociedade da Información.
|