Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan  Correo-e
jueves, 04 de junio do 2009

Image

Temos por un lado ao gremio dos furtivos, maiormente xente vencellada ao mar, que vive dela, pero que pensa que, como é dela, non ten por que coidala. Pola outra banda están os deportistas, nesta caso os surfistas, que a súa relación coa mar é máis de vocación, non tanto obriga como pensarán moitos mariñeiros. Contra os furtivos temos agora unha Conselleira que xa apuntou que loitaría contra eles, e para concienciar aos concellos de que teñen que levar a cabo as tarefas de limpeza, están os surfistas. Vemos por exemplo aquí abaixo a todo o equipo en plena faena.

Image 

Comprácenos falar dunha nova xornada de Limpeza na praia de Nemiña, a praia fetiche para o Clube de Surf Os Tombos, o clube de surf da Costa da Morte. Alo menos dúas veces ao ano, os membros do clube realizan unha xornada de limpeza, que aproveitan para convertila en covivencia. De feito, vemos aquí de abaixo, como as xornadas serven para unir, e aí están estes 4 visitantes alemáns, que ao ver ao grupo de 20 costeiros co lombo encollido, botaron unha man e limparon como os que máis.

Image 

Quen ten que limpar as praias

Un día de traballo para estar comodamente collendo olas, sen plásticos que estorben, manchen e contaminen. Pero este traballo quen o debería facer?

Estamos a comezos do verán. A meirande parte das praias da Costa están sen limpar. Logo dun inverno onde as praias estiveron sufrindo ás acometidas do mar, e sendo os vertedoiros mariños, os concellos non tomaron responsabilidade algunha e o lixo sae polas esquinas.

Poderíamos nomear algunha que está particularmente sucia, pero son todas as que precisan un servizo de limpeza, co gallo de mellorar a comodidade nas praias, e por suposto, ollando ao medio ambiente. Cando van realizar os concellos os seus quefaceres? Polo de pronto, os surfistas xa aforraron traballo ao concello muxián, todo un exemplo.

Aquí vemos a toda a familia surfeira e respetuosa.

Image

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com