|
Os pequenos baloncestistas de Baio participan no Día do minibasquet de Santiago |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de junio do 2009 |
|

A pasada fin de semana Baio convertiuse nunha festa do baloncento en miniatura. O clube baiés continúa sendo unha referencia en actividades para os cativos, e o pavillón cada vez énchese máis. Aí vemos unha miscelánea que nos cedíado Clube Baloncesto Baio. Este sábado, 6 de xuño, dous equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas, participarán no VI Día do Minibásquet que terá como sede o Multiusos do Sar. 96 clubes procendentes de toda Galicia e máis de 1.500 xogadores daranse cita nesta actividade que supón o punto final das actividades deportivas de moitos dos clubes participantes. Os equipos das Escolas de Baio participan con dous equipos, un alevín e un equipo benxamín. A expedición baiesa partirá con rumbo a Santiago ás 8:30 con trinta xogadores e que terán o seguinte horario de partidos: ALEVÍN A - 10:15 HORAS EB Concello Zas – Cia.María Santiago
- 16:15- Fontiñas – EB Concello Zas
BENXAMÍN - 12:30-EB CONCELLO DE ZAS-Mbles.Andrade Xinzo
- 17:45: EB CONCELLO DE ZAS – Allariz
A actividade rematará ás sete e media da tarde, coa entrega de agasallos a todolos xogadores participantes. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Clube Baloncesto Baio da man de Joaquín Moreira.
|