Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Contando os días para o I Encontro Monte Pindo  Correo-e
jueves, 04 de junio do 2009

Image

Xa queda menos para que O Pindo se convirta por uns días no verdadeiro epicentro da bisbarra. Será a última semana de xuño e a primeira de xuño, cando as actividades que están a organizar a confraría e a ADRC Pedramar do Pindo se desenvolvan. Primeiro terán lugar as IV Xornadas de Pesca, do 23 ao 28 de xuño organizadas polo pósito carnotán. E do 3 ao 5 de xullo, o verdadeiro protagonista será o Monte Pindo, cun encontro que organiza a asociación.

Centrándonos no monte, as xornadas denomínanse "I Encontro Monte Pindo (sendeirismo, historia, cultura, gastronomía, música)". Ben ás claras se ve o que pretende a asociación, e non é outra cousa que promocionar todas as posibilidades que ofrece o monte e, por conseguinte, a Costa da Morte.

A asociación Pedramar continúa traballando para fomentar o coñecimento dun dos verdadeiros tesouros naturais, culturais e históricos da bisbarra. Un verdadeiro símbolo da Costa, que merece ser loubado e loubado, e cando dentro de 20 anos, falemos do XX Encontro Monte Pindo, estas sesións terán, se cabe, máis sentido aínda.

Un monte cheo de lendas e historia verdadeiras. Que se o castelo de San Xurxo, que se as covas dos foucellas coma o Catelo, que se os petroglifos ou grabados rupestres prehistóricos... un patrimonio inmaterial incalculable. Recomendamos encarecidamente a lectura do libro "Los Montes del Pindo. Olimpo celta y desierto de piedra", de Xosé Manuel Barreiro Barral, carnotán agora presidente da Real Academia da Lingua Galega, que inaugurará as xornadas, e que editaba esta tremenda fonte de información no 1986 gracias á Deputación da Coruña.

Programa

Image 

  • Venres 3:
    - 19:00: inauguración no local da ADRC Pedramar, coa intervención do historiador e presidente da Real Academia da Lingua Galega D. Xosé Ramon Barreiro Fernadez.
  • Sabado 4:
    - Subida a Moa con guía (explicando a historia e lendas), picnic no cumio;
    - Á noite, exposición fotografica (paraxes do Monte Pindo e da costa en xeral);
    - Sardiñada, con empanadas e queimada coa actuación dun grupo folk.
  • Domingo 5:
    - Visita ao museo da electricidade, á Fervenza, e ao Miradoiro do Ézaro.
    - Xantar;
    - Clausura e despedida ao mediodía cunha comida na Casa de pedra do mesmo lugar.

Image

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com