Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Da Coruña a Zas coa Coral Xan Mella de Baio  Correo-e
viernes, 05 de junio do 2009

Image

Despois da exitosa actuación en Muxía, a Coral Xan Mella viaxará á capital da provincia para participar este sábado 6 de xuño en A Coruña no Auditorio do Forum Metropolitano ás 20:30 horas nun festival polifónico.

Compartirán cartel coas corais Coral polifónica moañesa de Moaña (Pontevedra) (Pontevedra) e a Coral de As Pontes de García Rodríguez. A coral cantará un variado programa compòsto por habaneras, cancións galegas, música rusa e o famoso "Eres tú" con Patricia Sánchez como soprano solista.

Non remata aí a apretada axenda da coral, xa que ao día seguinte, domingo 7 de xuño, a coral, que dirixe Tatiana Pankrátova, cantará a Misa da Milagrosa en Lamas (Zas) ás 13:00 horas onde estreará unha misa en galego.

Vemos unha escena da actuación da Coral en Xixón.

Vindeiras actuacións

  • Sábado 13 de xuño: Misa de Corpus en Baio.
  • Sábado 20 de xuño: VII Encontro de corais coa Coral Ars Nova de Infiesto (Asturias) e Coral A Gaiteira de A Coruña. Baio, Igrexa nova ás 21:00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Blog da Coral Xan Mella de Baio.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com