Talía Teatro en Corcubión
 Este sábado 6 de xuño, chegan as Palabras encadeadas de Talía Teatro a Corcubión. A obra recén estreada en Cee da compañía ceense estará o sábado na Casa da Cultura corcubionesa, o sábado ás 21:00h. Exposición sobre o pobo Gumuz de Etiopía Xa están todas as fotografías da exposición do Laboratorio de Patrimonio do CSIC (Lapa CSIC), "Onde as rúas non teñen nome. Unha mirada etonoarqueológica ao pobo Gumuz (Etiopía)". A exposición estará no Cárcere Vello de Corcubión ata o 31 de xuño, en horario de 10:00 a 17:00h de martes a sábado. Exposición sobre Galicia Este venres día 5 de xuño, ás 18.30 horas, no Museo Marítimo Seo de Corcubión, terá lugar a inauguración da exposición "Galicia, camiño celeste". Exposición Pioneiras Este venres 5 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Corcubión terá lugar a presentación da exposición Pioneiras, Mulleres Empresariais Galegas. Presentación do libro de Alejandro Lamas Este venres día 5 ás 19:30h. na Casa da Cultura de Corcubión, a Asociación Comarcal Neria, presentará o libro de Alejandro Lamas "Corcubión e a súa Xurisdición na Guerra da Independencia". O acto estará amenizado precisamente polo grupo de Baile Nerio, a coral "Airiños de Quenxe", e as "Pandereteiras do Centro Social". Última sesión de Tiqqun Este sábado, Javi Turnes, o organizador dos Seminarios de Filosofía da Costa da Morte, será o que peche o ciclo sobre o movemnto contemporáneo Tiqqun. A ética da Guerra Civil será a temática da charla, que terá lugar o sábado ás 11:00h no cárcere vello de Corcubión. Presentación do Festival conVdeValarés O Colectivo conVdeValares, presenta hoxe, venres 5 de xuño do 2009, a nova edición do Festival conVdeValarés. A cita terá lugar no bar A Eira de Ponteceso. As actiividades comezan a aprtir das 23:00 con proxeccións, e concerto. Cine de Corme Este mes no ciclo de cine da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, toca cine do Oeste. O primeiro dos títulos que nos espera é todo un clásico Dous homes e un destino, do ano 1969 dirixida por George Roy Hill, que tén como protagonistas a Robert Redford e Paul Newman. Como sempre as proxeccións son no local da asociación, os venres ás 22.00h. 1ª Mostra de Teatro Escolar en Sardiñeiro Comeza o programa do ciclo "Culturetadas e chirmes variados", que se desenvolverá no CEIP Areouta de Sardiñeiro ao longo do mes de xuño. Este venres 5, ás 13:00h, 1ª Mostra de Teatro Escolar. A Coral Xan Mella en Zas O sábado actuará na Coruña e o domingo 7 de xuño, a coral, que dirixe Tatiana Pankrátova, cantará a Misa da Milagrosa en Lamas (Zas) ás 13:00 horas onde estreará unha misa en galego. Exposición en Muxía O venres 5 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará en Muxía a Mostra “II REPÚBLICA ESPAÑOLA. 75º ANIVERSARIO”, na Casa Obradoiro que está ubicada xunto á Biblioteca Municipal. Títeres en Dumbría Finaliza o programa de Dumbría Titirimáxica. O sábado 6 xuño, ás 18.00h e no Centro Social e Cultural de Olveira, a compañía Danthea Teatro presenta "Carapuchiña vermella ou o conto do Lobo". Teatro en Vimianzo Este domingo 7 de xuño, a compañía Vichelocrego Teatro, presenta o seu traballo SPOTS. Homenaxe a Joaquín Domínguez Varela A Asociación de Empresarios de Ponteceso rinde este venres 5 de xuño, as 13:00 horas, unha homenaxe ao que fora presidente da asociación falecido repentinamente o ano pasado. A cita pecherase coa implantación dunha placa conmemorativa na rúa que levará o seu nome na fachada principal do Polígono Empresarial de Tella. Clausura das Escolas Deportivas de Cabana O Concello de Cabana de Bergantiños clausura o venres 5 de xuño as súas escolas deportivas, e de paso celebra a VIII Gala Baile de Salón. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|