Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corme.net cambia de face  Correo-e
sábado, 06 de junio do 2009

Image

O portal de referencia de Corme, e unha das máis vistas de toda a Costa da Morte, cambia de cara. Corme.net, a páxina da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, vén de cambiar completamente a súa interfaz para adecuarse aos novos tempos. A vella web xa tiña nin máis nin menos que 8 anos, e ben que aguantou nestes tempos que voan, máis que corren.

O portal informativo, como nos conta Óscar Rey Calo, verdadeiro artifice da vida diaria e dos cambios estruturais da páxina, nacía de cara á emigración, como o fixo a Radio Roncudo. Nacía co propósito de servir de fonte de información para os cormeláns da diáspora, e agora quere manter esa característica.

Pero corme.net ofrece moitas máis cousas. Son os veciños desta singualr vila da Costa os verdadeiros protagonistas. A actualidade de Corme é sempre noticia, e os veciños están sempre ao tanto das últimas novidades arredor da vida social e política da vila.

Software libre

Image 

É o mesmo Óscar Rey Calo, responsable de comunicación do Concello de Ponteceso, ademais de vocal da asociación e un dos que máis coida a Radio Roncudo (é o director do programa O Ronsel), o meirande abandeirado do software libre na Costa da Morte.

Dous concellos están a traballar no concepto. Ponteceso e Zas. Ponteceso instalou Galinux nos ordenadores das aulas de informática, medida pioneira no país. Vemos precisamente a Óscar nunha das clases de informática que el mesmo imparte. E por Zas están con cursos de informática especializados en ferramentas de software libre.

Óscar cóntanos que este sistema, baseado nun sistema LAMP (Linux, Apache, MysQL e php), pode incorporar novas funcionalidades á web para seguir crecendo en visitas. Xa son 300 diarias, que apara unha vola coma Corme, cun millerio de habitantes, xa dá idea da representativa social coa que conta. Actualmente veñen de incorporar foros, libro de visitas, comentarios nas novas, aviso por mail de noticias, información actual e histórica sobre Corme, axenda, descargas para usuarios, etc. e outa de morea de posibilidades que podedes descrubir en:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com