Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O recuncho da Costa (LIX): O Cabo da Nasa  Correo-e
domingo, 07 de junio do 2009

Image

Image 

Non foi outro que o corcubionés Jano Lamas o que nos contaba como chegar a este fermoso recuncho da vila de San Marcos. De paso pedimos a todos os que gustan desta sección a que nos envíen eses sitios que coñecen os poucos e que dende aquí nos gustaría tamén visitar. Xa saben, estamos en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

E imos xa ata Corcubión, ata a parroquia de San Pedro da Redonda. Aló partiremos da Igrexa parroquial para emprender un camiño ata o Cabo, probablemente o lugar máis virxe do concello. Tan só os pescadores soen achegarse ata alí, quen, por certo, ás veces deixan as latas e botellas de plástico polo camiño.

As vistas son impresionantes, e malia que tivemos mala sorte e nos coincidiu un día de densa néboa, intuíanse as siluetas de Fisterra e o Monte Pindo, maxestuosas rodeando o Cabo onde nos atopamos. O Cabo C tamén se ve dende aquí, ademais das garras que se avistan da zona de Sardiñeiro e Estorde.

Ademais, no lugar mesmo podemos disfrutar dunha boa furna. Unha furna perigosa, de complicado aceso e que non permite o seu disfrute total, pola dimensión dos seus acantilados.

Image 

Como chegar

Pódese chegar a Redonda en coche, déixao á entrada e intérnache na aldea. Pasada esta, logo dunha hortas, vese ao fondo a igrexa de Redonda (abaixo). Antes de chegar a ela, a man dereita, xusto logo dun galpón, ábrese un camiño de carro cun firme aceptable, intérnache no e logo de atravesar un frondoso piñeiral, empezas a entrever o mar a través dos piñeiros, segue o camiño de carro ata chegar a unha nova plantación de piñeiros. Alí ábrese o horizonte á ría cunha panorámica espectacular. O camiño estréitase e baixa aos cantiis. Estás xa no Cabo da Nasa, á túa esquerda ábrese unha lóbrega furna cortada a pico. Diante túa a panorámica mais virxe da ría.

Image 

Novas relacionadas

Outros recunchos

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Novas relacionadas

  • Salvemos ao burro galego.
  • Excursión pola Ruta das Antas.
  • Visita aos Batáns do Mosquetín.
  • Fonte

    • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
    • Información e localización de Jano Lamas.
    • Fotografía de Paula Rey Torreiro.
     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com