Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PSdG denuncia que non hai terreos para a Escola Infantil de Fisterra  Correo-e
lunes, 08 de junio do 2009

Levan anos os veciños de Fisterra solicitando a construción dunha escola infantil no termo municipal. E máis dende o concello se integrase no Consorcio dos Servizos Sociais. Pero os avances son poucos.

A deputada socialista, Marisol Soneira, denuncia que "no Plan Xeral de Ordenación Municipal non figura nin un só metro cadrado para equipamento social”, polo que non hai previsión para a construción dunha escola infantil.

Nota de prensa do PSdG

A XUNTA CONFIRMA QUE O CONCELLO DE FISTERRA NON OFERTOU NINGUN TERREO PARA A CREACIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL

  • Marisol Soneira denuncia que en marzo do 2007 asinouse o Acordo de integración do Concello de Fisterra no Consorcio dos Servizos Sociais, e ata hoxe “o Concello foi incapaz de ofertar os terreos necesarios para a construción desta escola infantil”
  • A deputada socialista amosou a súa preocupación por este feito “xa que no Plan Xeral de Ordenación Municipal non figura nin un só metro cadrado para equipamento social”, e polo tanto engade “os veciños e veciñas de Fisterra estarán sen este servizo longo tempo”

Santiago, 6 de xuño do 2009. A Xunta de Galicia confirmou hoxe que o Concello de Fisterra non ofertou ningún terreo para a creación dunha escola infantil.

A deputada do PSdeG-PSOE Marisol Soneira interpelou hoxe, na Comisión 4ª do Cámara Autonómica ao Goberno Galego (concretamente ao Secretario Xeral da Consellería de Educación) para saber as medidas previstas da construción desta escola infantil.

Soneira expuxo, durante o debate na citada Comisión, que en marzo do 2007 asinouse o Acordo de integración do Concello de Fisterra no Consorcio dos Servizos Sociais. E ata hoxe sinala Soneira “foi incapaz de ofertar os terreos necesarios para a construción desta escola infantil”, denuncia. E subliña a pesares de que os “grupos da oposición presentaron mocións, facendo propostas que foron rechazadas polos populares, nesta localidade”.

A deputada socialista amosou a súa preocupación por este feito “xa que no Plan Xeral de Ordenación Municipal non figura nin un só metro cadrado para equipamento social”, e polo tanto engade “os veciños e veciñas de Fisterra estarán sen este servizo longo tempo”, conclúe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdG.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com