doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Areouta convertiuse no berce do teatro da Costa  Correo-e
lunes, 08 de junio do 2009

Image

Podíase cheirar ese verdadeiro arrecendo á escola de toda a vida á escola de verdade. Esa escola onde cativos e profesores poden interaccionar realmente, onde as relacións son moito máis achegadas e os profesores poden realizar moito mellor as súas funcións. Se os deixan as novas leis, claro.

Esta sensación foi clara cando o pasado venres se celebraba a 1ª Mostra de Teatro Escolar, no colexio Areouta de Sardiñeiro. Unha mostra que servia para abrir o programa Culturetadas e chismes variados", que nos deixará ao longo deste mes varias actividades culturais, cos nenos como portagonistas.

A sesión foi moi emotiva, e comezaba cun forte aplauso para o profe Alonso, que foi o que ideo a Mostra. Os familiares ateigaban a sala de teatro xenialmente personalizada polos cativos e profesores. Todos os pequenos participan nalgunha das obras representadas, e os pais e as nais, cámara en man, rían encantados cos seus pequenos. Foron pasando os grupos, cada obra máis simpática ca anterior, nun espectáculo teatreiro, moi divertido.

Unha pena que o ambiente que se respira na escola cambie para o curso que vén, cando case todos os profesores do centro marchen para outras latitudes. Os profes son de fóra, e xa teñen novo destino. Tan só Luis quedará para seguir implantando ese aroma á escola de sempre.

Image

Image

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com