|
 O pasado mércores 19 de setembro, Que pasa na Costa tivo a oportunidade de falar con Xan García Pouso, secretario da Asociación Neria, entidade supramunicipal que ten convenios con 12 concellos da bisbarra e que trata de axudar económica e socialmente ao desenvolvemento da Costa da Morte. Estes concellos son os de Laxe, Camariñas, Dumbría, Cee, Cabana, Vimianzo, Corcubión, Fisterra, Zas, Muxía, Carnota e Mazaricos. A charla tivo lugar nas Torres do Allo, mítico pazo sito preto de Baio, no concello de Zas, e que pasa por ser alén dun agradable museo que reune os costumes galegos de diferentes épocas, é o centro neurálxico da Asociación. Precisamente, será nas Torres do Allo onde se leve a cabo unha reunión este luns día 24 de setembro de 2007, con comida, por suposto, entre Neria e os alcaldes dos 12 concellos socias da Asociación. Isto de xuntar a todos estes concellos arredor dunha soa mesa é algo que, según Xan non se veía hai 10 anos. Un dos puntos onde Xan máis enfatizou foi na necesidade de que os cidadáns comecen a valorar o propio patriomonio para poder quitarlle jugo a este espacio emblemático. Para convencer ás xentes de que isto beneficia á bisbarra hai que demostrar que son unha saída real, por exemplo, coa xeración de 2 ou máis postos de traballo , como pasou nas Torres. Así, Xan pide que realmente nos decatemos de que este patrimonio e a súa explotación beneficia directamente á bisbarra, témonos que convencer que, por exemplo as Torres do Allo, son pasado e son futuro, de xeito que debemos respectalas e coidalas, pero tamén que explotalas e sacarlles todo o beneficio posible, que o hai e non é pouco. Ante esta incredulidade e desconfianza tan típica nas nosas xentes, Xan lembra algún que outro episodio simpático e triste ao tempo, como cando unha muller lle preguntaba por que gastan os cartos nunhas pedras que non valen nada. Monumentos históricosA Asociación Neria controla, entre outros, varios dos monumentos máis importantes e visitados da zona. Alén das Torres do Allo , os Batáns de Mosquetín, Dombate e todos os faros da bisbarra, dependen da Asociación. Falando de datos, as Torres recibiron un total de 9.034 visitantes, sen contar cos de este mes de setembro, mentres que os Batáns foron visitados por 5.870 persoas, sendo o mes de agosto o máis axetreado. Todas estas visitas puideron disfrutar dun guía que lles explicara os datos máis interesantes de ambos conxuntos históricos. Máis extendeuse Xan ao falarmos dos Faros da bisbarra. Neria ten concedido o control do desenvolvemento e explotación turística de todos os faros da zona. Xan asegura que o desenvolvento dos faros marcha e hai moitos proxectos que cumplir co problema de sempre, que non hai fondos. De tódolos xeitos Xan agradece a todos os Concellos a súa colaboración e todos están a partticipar activamente nas campañas que se desenvolven en cadanseu territorio. Toma o faro de Fisterra como punto inicial porque considerao o punto máis importante e coñecido de toda a Costa da Morte, No fondo, é a onde vai a xente. Como próximas actuacións asegura que teñen a idea de facer un Centro de Exposiciones da Ruta Xacobea no de Fisterra, ademais dun Museo do Peregrino. No que atinxe ao Faro do Cabo Vilán, em Camariñas, xa están destinados 1 millón de euros para a realización dun Museo dos Naufraxios e outro de Maquinaria Antiga utlizada para as artes da pesca e do marisqueo. Para Cabo Touriñán, Muxía está pensado un Centro de Interpretación de Flora e Fauna , xa que é unha zona cos especies únicas. No Cabo C, en Corcubión, vaise montar unha exposición permanente das lendas que recreen a vida de Corcubión e a vida dos Castelos do Cardenal e do Príncipe. Carnota e a súa Punta Ínsua, que depende da Autoridade Portuaria da Coruña, acollerá a Exposición das Artes da Pesca e Marisqueo e será o Centro de Interpretación de Embarcacións, ademais da máis que probable implatación dunha taberniña familiar, con productos típicos da zona cun ambiente enxebre, que é o que a xente busca. Unhas das ideas máis curiosas envolve as míticas Illas Lobeiras. Alí, buscarase crear un convenio coa universidade para realizar xornadas nas illas como centro de estudio da fauna de xeito que os estudiantes poiseran pasar unhas horas na illa para recoller toda clase de información. A idea de montar unha tasca ou taberna se baralla para todos os faros da bisbarra, o que proporcionía a creación de alo menos dous novos postos de traballo en cada unha. Máis datos para os incrédulos. Unha das apostas máis interesantes e a creación dunha Ruta dos Faros que levaría nunha excursión en autobús (que podería saír das Torres do Allo) aos visitantes por todos faros da bisbarra. A que xa está preparada, e só falta a súa publicación é a Ruta do Románico que conduce aos turistas por todas as numerosas edificacións deste estilo arquitectónico. Xan García Pouso a título persoalAnte a obrigada pregunta sobre a polémica surxida arredor do Parque do Megalitismo, Xan deixa o seu cargo de Secretario de Neria a un lado e fala de corazón. Os políticos locais teñen que ter altura de miras e temos que superar os localismos. Lembra que o Parque de Megalitismo nunca será unha nave de 100.000 metros cadrados, non vai ser a panacea para ninguén, e o que hai que facer é apoiarse mutuamente. Así, repasa a polémica coa ITV, e opina que ou se apoian mutuamente ou non hai nada que facer. Asegura que se os de Zas apoiaran a Vimianzo co do Parque, e os de Vimianzo fixeran o propio coa ITV, todo se solucionaría moito máis rápido. A realidade é que na Costa da Morte ou medramos todos ou non medra ninguén. Crecería Corcubión se non o fai Cee?, e o mesmo con moitos outros casos.. Xan plantexa un momento no que a bisbarra necesita reflexionar. Temos que pensar en que clase de modelo urbanístico queremos vivir. Temos un problema enorme coa ordenación do territorio, pero aquí a ver quen lle pon o axóuxere ao gato. Refírese á difícil aparición de aquel político ou políticos coa coraxe suficiente para eliminar dunha vez eses intereses escuros que ata o de agora son os que controlan a política local. Aínda así, Xan remata a charla cun toque de esperanza, aegurando que hai 10 anos era impensable xuntar a todos estes concellos nunha mesa. Anima, deste xeito a que a comunicación entre concellos deixe atrás rencillas políticas particulares e que o aspecto global se impoña ao dos intereses momentáneos. Fonte- Redacción de Que pasa na Costa.
|