Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Xa están publicadas as primeiras receitas ao concurso de Mardelira  Correo-e
lunes, 08 de junio do 2009

Image

Xa está en marcha o Concurso de Receitas que organiza a Confraría de Lira a través da nova páxina web www.100x100mardelira.com. As primeiras receitas que entran no concurso xa están na rede. Receitas que utlizan os produtos da lonxa da confraría de Lira, e que serven para destacar a calidade do produto do mar carnotán.

A complexa elaboración das receitas merecen xa un premio, polo que o nivel está bastante alto. Tamén hai rexistradas na web varias receitas creadas pola organización, pero que non participarán no certame.

Estas son as receitas que están rexistradas no concurso:

A confraría de Lira aproveitará a súa participación no mercado de San Miguel de Madrid de Pesca Sostible, para promocionar o concurso. O pósito carnotán acode a este mercado formando parte da entidade privada sen ánimo de lucro Lonxanet Directo S.L, participada pola Fundación Lonxanet pola Pesca Sostible e as confrarías de pescadores artesanais de Lira, Cedeira, Muxia, Porto do Son, A Coruña e Cangas en Galicia.

Concurso

Pódense enviar as receitas na páxina web www.100x100mardelira.com ou directamente ao correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver A dirección do proxecto está sendo levado a cabo pola empresa corcubionesa Galinus Comunicación en Internet.

O prazo para envialas remata o 30 de xuño de 2009, e o gañador único levará unha cesta de productos da lonxa por valor de 200 €.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com