Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O encaixe une Galicia e Cataluña  Correo-e
martes, 09 de junio do 2009

Image

A proxección e as posibilidades do encaixe de Camariñas son infintas. Xa viaxámos o ano pasado ata Italia co encaixe baixo o brazo, e este ano imos a Cataluña. Imos para que o encaixe sirva de unión entre Cataluña e Galicia, a través dunhas Xornadas Intercomunitarias.

Proxecto Xornadas Intercomunitarias Cataluña-Galicia sobre o Encaixe

Este vindeiro xoves 11 de xuño, ás 12:00h, nas instalacións da entidade Artesanía Catalunya peretecente á Generalitat de Catalunya en Barcelona, terá lugar unha xuntanza moi especial.. Nesta xuntanza participa o concello de Camariñas coa axente de emprego e desenvolvemento local formando parte do Comité Técnico organizador das Xornadas Técnicas Cataluña- Galicia sobre o Encaixe de Bolillo e o seu desenvolvemento.

O Comité Técnico está encargado de deseñar e organizar as Primeiras Xornadas Intercomunitarias Cataluña - Galicia centradas no sector encaixe de bolillos.

A axente de desenvolvemento local de Camariñas participará nesta primeira xuntanza formando parte do comité técnico organizativo, trasladando así o compromiso de Camariñas con este sector estratéxico do territorio e coa necesidade de colaborar e unir sinerxías para tentar o desenvolvemento do encaixe como xerador de emprego e riqueza baseado na mellora da calidade de vida das productoras e no patrimonio cultural que supón o noso encaixe.

Esta iniciativa surxiu no mes de marzo de 2009 onde unha comisión da institución catalana realizou unha visita programada pola Asociación Galega de Artesáns a Camariñas. Nesta visita reuníronse persoal político e técnico desta entidade, o Concello de Camariñas e a Asociación de artesáns de Galicia e avaliouse a situación do sector artesán do Encaixe de Bolillos, as estratexias e actuacións realizadas ao longo do tempo e as posibles liñas de desenvolvemento do sector.

Un dos puntos tratados foi a necesidade de coñecer e avaliar as experiencias que no desenvolvemento desta actividade artesán teñen diferentes territorios de España e outros países, ademais de potenciar o intercambio de boas prácticas e a realización dunha diagnose do sector feita dende as productoras, empresas, técnicos/as e institucións relacionados co encaixe de bolillos. A carencia de xornadas técnicas neste sector, coa excepcións das concentracións ou intercambio entre productoras, foi unha das carencias salientadas.

Froito destas reflexións xurdiu a proposta de realización dunhas xornadas técnicas relacionadas co Encaixe de Bolillos coorganizadas por Cataluña e Galicia na que se iniciaría por primeira vez un camiño de coñecemento, difusión e intercambio das diferentes experiencias de desenvolvemento desta artesanía nos diferentes territorios europeos.

Areyns de Cataluña sería o lugar probable onde inciariase en outubro deste ano as primeiras sesións destas xornada que promove e financia Artesanía de Catalunya da Generalitat. O Concello de Camariñas sería o lugar onde desenvolveríase a Xornada Galega probablemente a finais de marzo do 2010 coincidendo coa semana da Mostra de Encaixe de Camariñas. O Concello esta na espera dunha xuntanza co Delegado da Xunta de Galicia na Coruña para presentar o proxecto e solicitar a súa participación nesta iniciativa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Desenvolvemento Local de Camariñas.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com