|

Este xoves 11 de xuño, ás 12.30 h do vindeiro, terá lugar a presentación do Programa Cabana-Zas SaudableS. Intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, que presentarán o novo Programa Cabana-Zas SaudableS. Na imaxe vemos unha foto da presentación realizada o ano pasado no concello de Zas. A presentación terá lugar no Salón de Actos do Centro de Maiores de Cabana de Bergantiños, emprazado no lugar de Neaño. Ademais, tamén acudirá a Directora Xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos e falta aínda por confirmar a presenza do Subdirector da Dirección Xeral de Estilos de Vida Saudable, Manuel Amigo Quintana. No presente acto darase a coñecer este proxecto compartido do Programa Cabana-Zas SaudableS que xa se está a desenvolver ó longo deste ano 2009. Este programa conta co financiamento da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, quen achega uns 50.000 euros que cobren o 80% do orzamento. Do 20% restante fanse cargo os dous concellos. As distintas actividades saudables desenvólvense desde o 1 xaneiro ata 15 novembro. O actual programa 2009 supón unha renovación deste mesmo proxecto iniciado no 2008. Dos 60 concellos que de toda Galicia solicitaron a adhesión a este programa da Dirección Xeral de Saúde Pública, tan só se renovou convenio a 25. Entre eles están Cabana de Bergantiños e Zas. Para o desenvolvemento do programa, en Cabana e Zas, cóntase cun equipo formado por 5 persoas. A coordinadora é Loly Hortas, técnica de deportes do Concello, e despois traballan outras dúas por concello que desenvolven actividades físicas e nutricionais. En Zas este labor lévano a cabo Sabrina López e Sonia Ferreiro, en Cabana Mar Vidarte e Sheila Varela. Tras a presentación, todos os asistentes poderán degustar un ‘pincho’ saudable. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa Concello de Cabana
|