doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Moita espectación no pleno de Cee pola moción sobre a Base de Salvamento  Correo-e
martes, 09 de junio do 2009

Image

Movido pleno onte no Concello de Cee. A base de Salvamento Marítimo focalizou o pleno, xa que, como avisara pola tarde na rolda de prensa, o PSdeG presentou unha moción contra a anulación do helicóptero da Costa. O BNG adheriuse tamén a moción do PSdeG, que era moi semellante á que ía presentar. Foron os 3 representantes do PP os únicos que votaron en contra da moción, por suposto, como vemos abaixo de todo.

Moita xente acodiu ao mesmo, entre os que destacaron numeroros membros do PSdeG de moitos concellos da bisbarra. Amancia Trillo foi a encargada de presentar a moción, cos argumentos que levamos repasado nos últimos días. Trillo tivo unha ardua discusión co voceiro do PP, Antonio Domínguez. Tamén o alcalde Ramón Vigo enzarzouse en palabras pouco produtivas con Domínguez.

Image 

Domínguez defendeu a postura da Xunta, afirmando que coas novas dotacións das bases de Celeiro e Vigo mellorarase o sistema de urxencias. Ademais, falou do pasado, argumentando que nada se fixo nos últimos catro anos pola Costa da Morte.

Saíu á escea a curiosa posición das confraría, as máis perxudicadas pola decisión. Con todo, o único que se manifestou foi o patrón maior de Fisterra, quen non considera negativa a decisión da Xunta.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • La Voz de Galicia: Solo el PP se opuso al acuerdo de la corporación de Cee de pedir el helicóptero para Lires.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com