Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Vinte anos con boina  Correo-e
viernes, 21 de septiembre do 2007

Image 

O Dólmen de Dombate, un dos monumentos megalíticos máis grandes e importantes de toda Galicia, e que se atopa no Concello de Cabana de Bergantiños, moi preto do Castro A Cidá de Borneiro, segue cuberto por unha lona negra de obra de construcción mentres o técnicos da Xunta e da Deputación discuten pola viabilidade dos proxectos aprobados.

O dólmen conta tamén cunhas táboas de madeira cubrindo a súa entrada. Ten que estar cuberto, porque logo das excavacións realizadas as pinturas atopadas no interior pódense perder.

Ben feita está a excavación que nos permite coñecer moito máis do noso pasado, e ben é certo que a estas altura o dolmen levara 20 anos á intemperie, probablemente as pinturas xa estarían máis que esganadas.

Pero as decisións hai que tomalas o ante posible, e un dos nosos maiores tesouros e arredor do cal pretendemos xerar un compendio de actividades turísticas, non pode pasar 20 anos (as primeiras obras de excavación data do 1987) agardando.

Na conversa que mantiñamos con Xan García Pouso, secretario de Neria, aseguraba que desta volta non se trata de disputas entre concellos locais. Neste caso son os técnicos da Deputación, dona do monumento, e de Patrimonio da Xunta os que non se poñen dacordo. Xan calificaba estas idas e vidas entre técnicos como unha verdadeira guerra.

 ImageUnha cúpula de cristal

O proxecto presentado xa hai anos pola Deputación constaba dunha pequena nave que serviría de Centro de Interpretación ou Museo, no que dentro se situaría o Dólmen cuberto por unha cúpula de cristal que o mantería a unha temperatura e humidade adecuada para a súa boa conservación.

A Consellería e Cultura da Xunta, a través de Patrimonio paralizou a obra por non lle gustar o proxecto. A última nova di que xa hai varios cambios no proxecto inicial que o director do proxecto, o catalán Joan Santacana, xa aceptou.

Joan acepta tratar os aspectos máis comprometidos, como o exceso de volume de edificación, ou a elimincación da cuberta vexetal da parte posterior do dólmen, co ánimo de desbloquear la situación.

A polémica tamén surxe das verbas Centro de Interpretación. A Xunta quere facer un polo que tódolos concellos da bisbarra andaas a paos por conseguir, mentres que dende a Deputación aseguran que un proxecto non interfire no outro, só o nome coincice e iso é algo que se pode variar.

Image

Joan Cabana defende a realización da vitrina de cristal pensando na conservación das pinturas. Dende aquí, e vendo os posibles resultados das obras, prantexámonos si realmente se van ver esas pinturas cando esté construída a vitrina. O secretario de Neria aseguraba que haberá cámaras que ensines as pinturas no exterior. Pero non será mellor voltar a cubrilo todo, ensinar as correspondetes fotos das pinturas e deixar que se siga conservando igual ca sempre?

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com