|
O Banco de Tempo de Zas non para. De feito, a xente de tempo, Sonia Ramos Lema, tivo que aumentar as sesións de masaxe ante a boa acollida dos socios. As clases de masaxe que está a compartir Isabel Lagoa estàn tendo un éxito total, polo que os veciños queren continuar con esta actividade grupal ao tempo que comeza a seguinte. Porque dos intercambios persoais aínda non se ten noticia en Zas. En outros concellos coma Vimianzo xa hai algún intercambio, pero a desconfianza tan galega, non permite que se dean tan a miúdo. As axentes de tempo confían en que, vagariño, os veciños da Costa da Morte vaian confiando máis nos mesmos socios cos que comparten o seu tempo nas actividades grupais, para así abrirlle as portas da súa casa e poder compartir saberes. Escola de teatro E de actividade en actividade, xa que o banco, nesta ocasión, ofrécelle á veciñanza a posibilidade de anotarse nunha “escola de teatro para adultos” de forma totalmente gratuita. Será un dos socios da asociación xuvenil Badius de Baio o encargado de compartir o seu tempo impartindo estas clases, que, en caso de conseguir un grupo mínimo de persoas, terían lugar tódolos mércores ás 20:30 da tarde no auditorio de Zas. Máis información e inscricións O prazo de inscrición xa está aberto e que as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo acudindo ás oficiñas do Concello ou chamando ó número de teléfono 981.70.83.03 en horario de 9:00 a 15:00. Tamén poden facer as súas consultas enviando un correo a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Novas relacionadas Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
Fonte - Nota de prensa da Axente de Tempo de Zas, Sonia Ramos Lema.
|